Skip to Content

Welcome friends!

Esta semana chegaron os nosos amigos de Manchester!

This week our Manchester friends' have come to Mallón!

Benvidos! Acougamos que disfruten destes días con nós.

Welcome! We hope they enjoy these days with us.

ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-17

Podedes consultar no enlace ao pé desta mensaxe as listas de alumnado admitido para o vindeiro curso 2016-17.

LISTAS ADMITIDOS 2016-17

A primavera xa chegou!

E o que estaban argallando os alumnos de 4º de infantil e os de 6º de primaria era, nin máis nin menos que, darlle ó cole un ambiente máis primaveral. 

Espectacular a súa labor, fixeron unha incríble representación dunha das obras de Romero Britto.

Parabéns artistas!!

Artistas

Os nenos de 1º de primaria fixeron auténticas réplicas de grandes obras de arte, aquí tendes o mural, o cal podedes ver no corredor do cole. 

O que non sabemos aínda é o que andan a argallar os máis pequechos do cole cos maiores... Así os atopamos o venres... ¿con que nos sorprenderán?

Día Internacional da Muller!

Hoxe, no obradoiro de estimulación da linguaxe, as nenas e os nenos de 4 e 5 anos, investigamos acerca do "Día Internacional da Muller". Descubrimos que quere decir a palabra "internacional" e comezamos a falar da importancia das mulleres. 

Tras un anaco falando das mulleres: das nosas nais, das nosas avóas, tías, irmás, curmás, etc... Falamos un pouco das profesións e puxémonos mans á obra. A profe invitounos a pensar nunha muller e con tan só unha palabra tiñamos que dicir algo dela. Ó principio non foi doado xa que non nos chegaba unha soa palabra, pero despois ceñímonos ás normas do xogo e comezamos a dicir moítisimas palabras para definir ás nosas mulleres. Á medida que llas dicíamos á profe escribíaas no ordenador.

Despois chegou o momento de porse dacordo; Entre todos tivemos que elexir unha forma que as representase, a través dunha votación, bastante consensuada por certo, chegou a nosa obra.

Aquí a tedes! Agardamos que vos guste tanto coma nós.

Corazón

 

Feliz día internacional da muller!

Obradoiro de motricidade fina!

A semana pasada levamos a cabo un obradoiro de motricidade fina na clase dos máis pequechos do cole.

A motricidade fina consiste en coordinar músculos, ósos e nervios para realizar pequenos e precisos movementos, como por exemplo escribir. É moi importante de cara a prevención de dificultades no proceso lectoescritor. Por todo isto, a profe María e a profe Débora decidimos realizar este obradoiro tan guai co que, ademáis de pasalo xenial, melloramos aspectos de cara ó noso futuro.

O mellor de todo é que quedamos con ganas de máis!

Deixámosvos un adianto dalgunhas das tarefas que fixemos, premede na imaxe e veredes un vídeo super chulo feito pola profe María.

 

Unha aperta familia!

 

ENTROIDO 2016

Xa están dispoñibles as fotos da celebración do Entroido no colexio.

Preme na imaxe para acceder.

 

BAILE DÍA DA PAZ 2016

O rincón da paz!

Como xa vos comentamos, ó longo desta semana estivemos organizando diferentes actividades relacionadas ca celebración do día da Paz. Unha delas foi a creación do "Rincón da Paz", no cal toda a comunidade pode participar enchéndoo daquelas cousas que persoalmente reflexan a paz. Así é como nos está quedando:

E, tal como aparece nun dos debuxos: "Que a paz sexa unha realidade e non tan só un desexo".

Gafas da Paz!

Así de guap@s lucimos hoxe!

Distribuir contido


by Dr. Radut