Skip to Content

ENTROIDO 2013

Xa están aquí as fotos do Entroido 2013 do CEIP Mallón. Que as disfrutedes!!!

VISITA AO MUSEO DO MAR DE GALICIA

Aquí tedes as fotos da visita que realizmos ao Museo do Mar de Galicia na que aprendimos moitas cousas relacionadas coa historia mariñeira da nosa comunidade.

Preme na imaxe para acceder á galería.

BAILE DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2013

Aquí tedes as fotos da celebración do Día da Paz.

Moitas grazas á nai de Ioannis de 5º de primaria por prepararnos esta coreografía tan chula.

NADAL 2012

Xa están aquí as fotos das diferentes actividades realizadas polas festas de Nadal do colexio. Como este ano imos traballar nun proxecto sobre a alimentación moitas das actividades que realizamos están relacionadas con este tema. Fixemos un boneco de neve con envases reciclados de iogur, cada alumn@ tamén fixo coa axuda da súa familia unha figuriña con alimentos para montar o Nacemento, no festival houbo unha obra de teatro con títeres chamada "O xuízo dos alimentos dos recreos", etc. 

Como din que unha imaxe vale mais que mil palabras..., aquí vos deixo unhas fotiños da celebración do Nadal no colexio.

Preme na imaxe para acceder á galería.

PROGRAMA DO FESTIVAL DE NADAL

Aquí tedes o programa para festival de Nadal que se celebrará o vindeiro venres día 21 de decembro.

Que o disfrutedes e que pasedes unhas BOAS FESTAS e un FELIZ ANINOVO!!!

INTERCAMBIO DE XOGUETES

        Estase a facer no colexio un intercambio de xoguetes.

       Todos os nenos e nenas, que o desexen, poden traer ao colexio un xoguete que xa non usen e que se encontre en boas condicións. A cambio poderán elexir outro xoguete de outro neno para levar a casa.

       O último día de entrega de xoguetes é o xoves 20.

Para máis información premer aquí

OBRADOIRO DE NADAL

A semana pasado realizamos un obradoiro de decoración navideña. Este ano estamos a traballar nun proxecto sobre a alimentación, polo que a arbore vai a representar unha pirámide alimenticia. Os alumnos de Infantil encargáronse dos doces, os de 1º ciclo das froitas e verduras, 2º ciclo dos hidratos de carbono e os do 3º ciclo das proteínas. Aquí vedes o resultado:

Preme na imaxe para acceder á galería.

GRANXA KIRIKO

Aquí tedes as fotos da visita que fixemos hoxe á Granxa Kiriko. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de ver os animais da granxa e realizar diferentes actividades como: xogos de pistas e orientación con brúxula, tiro con arco, bailes, xogos cooperativos, etc. Ademais disfrutamos deste día xunto con nen@s de dous colexios de Pontevedra e Sanxenxo.

Preme na imaxe para acceder á galería.

SAÍDA A VIGO

Xa están dispoñibles as fotos da saída que fixeron os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria a Vigo. Nesta ocasión visitamos "El Corte Inglés", onde visitamos o supermercado e os explicaron un montón de cousas relativas ao seu funcionamento. Vimos a sala de máquinas, os departamentos onde envasan os alimentos frescos, a oficina onde controlan todo por ordenador e por suposto o supermercado, onde aprendimos moitas cousas sobre os diferentes alimentos. Ademais nos recibiron a tod@s cun chocolate con churros para comezar a mañá con forzas.

Cando rematamos a visita aproveitamos para achegarnos ao museo do pazo Quiñones de León, onde vimos unha chea de obras de arte, obxectos e útiles de diferentes épocas como: a Prehistoria, os xacementos castrexos ou o periodo da romanización.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut