Skip to Content

FOTOS SAMAÍN 2016

Aquí tedes as fotos da celebración do Samaín no colexio.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Podedes ver as listaxes no arquivo adxunto.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-17

Preme na imaxe para ver as listaxes cos libros de texto para o vindeiro curso 2016-17.

Olimpíada

O xoves e o venres o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria converteuse en auténticos atletas olímpicos. Xunto co CPI de Panxón celebramos, como cada ano, unhas xornadas deportivas.

Divertímonos moito!

"As pegadas do galego"

Deixámosvos unha mostra do traballo realizado conxuntamente infantil e 1º e 2º de educación primaria. Nen@s e mestr@s manchamos as mans polo galego. 

O mellor foi o ben que o pasamos!

Saúdos!

Celebración Letras Galegas 2016

O venres celebramos o día das letras galegas, o cal tivemos que retrasar xa que algúns dos nosos compañeiros estaban de intercambio en Manchester.

Entre as diferentes actividades programadas, recitamos poesías e cantamos arredor do maio, deixámosvos o vídeo con algunha das actuacións.

Saúdos familias!

¡O maio!

Este ano quixemos celebrar os maios, é por iso que fixemos o noso na entrada do colxeio.

¡Grazas a todos pola vosa colaboración!

"A fala"

Este ano, no día das letras galegas homenaxeouse ó poeta Manuel María. Os alumnos de 1º e 2º de primaria escolleron un dos seus poemas para recitárnolo en conxunto, aquí tendes o resultado.

Sisebuto

Aquí tendes o vídeo da obra de teatro interpretada o día do libro polo alumnado de 6º de educación primaria.

Uns verdadeiros teatreiros!

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (CURSO 2016-17)

Estimados pais, nais e titores:

Seguindo o disposto pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,na Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, comunicamos que hai tres solicitudes diferentes:

- Fondo solidario de libros de texto: Alumnado que vaia cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de EP.

- Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de EP.

- Axudas para adquirir material escolar: Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de EP.

 

Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2014, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 455); cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2014, obtidos da correspondente certificación de imputación de rendas emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 As persoas interesadas en solicitar a axuda deberán entregar no colexio a solicitude ANTES DO 23 de XUÑO (unha por fillo matriculado), aínda que se recomenda facelo o antes posible.

    A documentación que haberá que presentar coa solicitude é a seguinte:

     *Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da Unidade familiar.

     *Se algún dos membros da unidade familiar ten discapacidade con porcentaxe igual o superior ao 33%, fotocopia compulsada do certificado de grao de minusvalidez.

      * No caso de familias monoparentais en que conviva un só proxenitor ou titor deberá presentar documentación que o acredite.

* Documentación acreditativa de situación de violencia de xénero, de ser o caso.

PODEN DESCARGAR O MODELO DE SOLICITUDE NO ARQUIVO ADXUNTO AQUÍ DEBAIXO.

Distribuir contido


by Dr. Radut