Skip to Content

ANPA: PROGRAMA CONECTAD@S EN FAMILIA

Bo día

Adxuntamos documento enviado pola ANPA Lembranza.

Un saúdo

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES O CONTACONTOS INFANTIL 'OS CONTOS DA LEITEIRA'

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES O CONTACONTOS INFANTIL 'OS CONTOS DA LEITEIRA'

Nigrán, 18/09/23. O Concello de Nigrán ofrece este venres 22 de setembro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal o contacontos infantil 'Os contos da leiteira', cunha duración de 50 minutos. A actividade encádrase no programa de animación á lectura 'Ler Conta Moito' e non require de inscrición previa.

'Os contos da leiteira' dá voz a historias de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén á propia condición de feminina, representada por animais que viven esas circunstancias. Contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos farán gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.

 

 

ESCOLA DE TEATRO DE CONCELLO DE NIGRÁN

INFORMACIÓN ESCOLA DE TEATRO DE CONCELLO DE NIGRÁN

COMEDOR: ORDEN DE DOMICILIACIÓN BANCARIA

Estimadas familias:

Adxuntamos a orde de domiciliación SEPA. Solicitude para o servizo de comedor curso 2023-2024.

Terá que entregarse no centro antes do día 22 de setembro.

Un saúdo

 

A directora

Carmen Ontiyuelo Alvear

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR 2023-2024

                                                 INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (CURSO ACADÉMICO 2023/2024)

Estimadas familias, benvidas ao novo curso escolar 23/24. O curso comeza o luns 11 de setembro de 2023 en horario de 8:45 a 13:45

Abriranse as portas ás 8:40 ata as 8:45  polos diferentes accesos. As portas asignadas para os distintos cursos serán as seguintes:

Entrada e saída polo patio cuberto: 4º,5ºe 6º Educación infantil.

Entrada e saída pola porta da rampla: 1º e 2º Educación Primaria

Entrada e saída pola porta principal: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Dende o primeiro día teremos servizo de comedor, transporte e servizo de biblioteca.

O horario da biblioteca será  dende as 3:45 ata as 17:15 tódolos días agás os martes.

A maioría das actividades extraescolares estarán a cargo da ANPA e comezaran no mes de outubro.

Unha aperta

O Equipo directivo

 

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS

Adxuntamos a listaxe provisional do fondo de libros no tablón de anuncios de colexio.

INFORMACIÓN BONO CONCILIA DA XUNTA DE GALICIA

Adxuntamos enlace a páxina coa información

https://www.pan.gal/gl/bono-concilia-familia#que_e

LIBROS DE TEXTO E LISTAS DE MATERIAL CURSO 2023-2024

Adxúntase listado dos libros de texto e de material para o curso 2023-2024.

RESUMO INTERCAMBIO MANCHESTER 22-23

AQUÍ DEIXAMOS UN RESUMO DA EXPERIENCIA VIVIDA ESTE ANO NO INTERCAMBIO CON MANCHESTER.

UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!

Axudas para libros de texto e/ou material escolar para educación infantil do concello.

Bos días,

Dende hoxe e ata o día 21 de xullo, ambos incluidos, se abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e/ou material escolar para educación infantil.

As solicitudes presentaranse por rexistro do concello.

Achégase enlace- información ás familias.

Gracias e un  saudo

http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=AE324C6931F3A04A660A8C87F2B0733D?idtaskdata=10871672#

Distribuir contido


by Dr. Radut