Skip to Content

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES O CONTACONTOS INFANTIL 'OS CONTOS DA LEITEIRA'

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES O CONTACONTOS INFANTIL 'OS CONTOS DA LEITEIRA'

Nigrán, 18/09/23. O Concello de Nigrán ofrece este venres 22 de setembro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal o contacontos infantil 'Os contos da leiteira', cunha duración de 50 minutos. A actividade encádrase no programa de animación á lectura 'Ler Conta Moito' e non require de inscrición previa.

'Os contos da leiteira' dá voz a historias de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén á propia condición de feminina, representada por animais que viven esas circunstancias. Contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos farán gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.

 

 

AdxuntoTamaño
1. Luns 24 de abril, ás 1800 h Chimpo de ra, de Raquel Queizás. (2) (1).png1.78 MB


story | by Dr. Radut