Skip to Content

Festival Entroido 2024

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO E VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

O proceso de admisión do alumnado comezará o 1 de marzo e rematará o 20 de marzo de 2024.

Adxuntamos o enlace para informar ás familias e as vacantes para o curso 2024-2025.

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/DescargarFicheiro.do?_nome=Manu...

23-F DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres celebramos no colexio o Día de Rosalía de Castro. Para esta conmemoración o alumando traballou na clase diferentes versos de Rosalía coas súas titoras. Tamén colorearon e debuxaron diferentes ilustracións relacionadas cos versos que lles propuxemos.

A continuación confeccionamos diferentes murais cos versos proporcionados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Por último, todo o alumnado participante recibiu un agasallo conmemorativo do Día de Rosalía de Castro.

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2023

SEMANA DE ENTROIDO: ORDES DA MECA "PAQUITA"

MATRÍCULA PARA O CURSO 24-25. "XORNADAS DE PORTAS ABERTAS"

ESTIMADAS FAMILIAS:

NESTE MES DE FEBREIRO TEREMOS AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. SE QUEREDES COÑECER COMO É O NOSO CENTRO DE CARA A REALIZAR AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024.

OS DÍAS E DATAS SON:

MARTES 20 DE FEBREIRO ÁS 17:00H

VENRES 23 DE FEBREIRO ÁS 11:00H.

PARA VIR OUTRO DÍA CON CITA PREVIA CHAMAR O 986352859 OU 679420917

ANIMÁDEVOS!!

CHARLA-COLOQUIO 26 DE XANEIRO/24 ÁS 19:00: MEDRAR DE FORMA SAUDÁBEL NUN MUNDO DIXITAL

Bo día

Adxuntamos información sobre unha charla-coloquio no Auditorio Municipal de Nigrán : "Medrar de forma saudábel nun mundo dixital".

Un saúdo

 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO !!!

A toda a comunidade educativa

Desexámosvos un Bo nadal e un ano 2024 cheo de felicidade

Unha forte aperta

CEIP MALLÓN

 

Mercadillo de Nadal

Distribuir contido


by Dr. Radut