Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

XOGADE: CAMPO A TRAVÉS (Monterrey_Novembro)

Onte, xoves 22 de novembro, tivo lugar na pista de atletismo do Complexo Deportivo de Monterrey unha nova edición de XOGADE, na modalidade de campo a través. 

Estes pequenos atletas fixeron grandes carreiras!!

Mirade como se esforzaron (preme na imaxe para ver a galería de fotos)

CREAMOS A NOSA PROPIA "ROCHA" EN 4ºA

Na clase de 4ºA os nenos e nenas descubriron os tipos de rochas existentes (metamórficas, sedimentarias e igneas).

UN MONSTRIÑO, UN PARRULO, UNHA BRUXA E UNHA ESTRELA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Xa pasaron dous meses dende o inicio do curso e para o nenos e nenas de Educación Infantil está a ser unha fantástica aventura na que, como de seguro xa sabedes, están moi ben acompañados.

Cada clase ten a súa mascota e sendo xa tan amigos e amigas temos que presentalos dando a coñecer algúns vídeos da súa historia e de como apareceron.

MAGOSTO 2018

A tradición galega dicía que as castañas simbolizan a alma dos defuntos e que, con cada fruto ventilado na festa  do Magosto,unha alma se liberaba do Purgatorio e uníase á celebración.

Con esta responsabilidade, o pasado o xoves, 15 de novembro, celebramos o Magosto na carballeira Don Franque.

A CARA DO OUTONO

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria empregaron os recursos que nos ofrece o outono para poder completar as súas caras, resultando estas magníficas composicións.

A FESTA DO MAGOSTO

Infórmase ás familias que debido ás condicións meteorolóxicas a festa do Magosto prevista para o venres 9 de novembro posponse para o xoves día 15 de novembro.

 

Guías de axuda para o Abalarmóbil

Dentro do EspazoAbalar poñen a nosa disposición guíaa para poder empregar a app Abalarmóbil dun xeito intuitivo, sinxelo e sen que poidan xurdir dúbidas.

Porén, premendo nos seguintes enlaces accederemos directamente a guía que nos interese:

Que é Abalar Móbil?

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece 

Espazo Abalar

O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a

BENVIDA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut