Admisión Curso 2022 - 2023

Procedemento ordinario de admisión de alumnado.

PRAZO 1 AO 21 DE MARZO

O alumnado xa matriculado no centro non ten que facer ningún trámite.

Na páxina de secretaría atoparedes toda a información relativa a este procedemento.

 

As familias que desexen solicitar a admisión dos seus fillos/as no noso centro educativo poderán facelo de dúas maneiras:

  • Telemáticamente accedendo á páxina de Admisión Alumnado, é imprescindible identificarse con Chave 365 ou Certificado Dixital.
  • Manualmente cubrindo o formulario e presentándoo na Secretaría do Centro, en horario de 11:30 a 12:20 de luns a venres (imiprescindible solicitar cita previa no 881 930 417) O centro facilitará as fotocopias do formulario ás familias que o precisen. 

 

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Anexo II debidamente cuberto e asinado
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (libro de familia, DNI...)
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor, se é o caso

 

Na mesma solicitude os representantes legais do alumno/a deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complemetarios (Transporte e comedor). 

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo do centro.

AdxuntoTamaño
Formalización Matrícula.pdf43.01 KB