Robótica no 1º nivel.

No CEIP José María Lage estase implantando a robótica como parte da aprendizaxe do alumnado nas novas tecnoloxías. Desde o primeiro nivel foméntase o uso de robots de programación sinxela para que o alumnado aplique o pensamento lóxico e a imaxinación na resolución de diferentes problemas. As nenas e os nenos reciben estas actividades con gran motivación e ademais de traballar e afianzar diversos conceptos, pásano xenial.

Na primeira sesión procédese cunha explicación xeral e expóñense unha serie de exemplos coa participación directa do alumnado.

 Como proceso de iniciación preséntaselle ao alumnado unha plantilla sinxela para que guíen ao robot a través dun percorrido definido.

 Nas seguintes sesións trabállanse plantillas con diversos contidos: climatoloxía, partes da planta, singular e plural, etc...

 As sesións de robótica tamén implican traballo en equipo e unha interacción constante entre o alumnado.

 E sobre todo pásano estupendamente. As risas e a aprendizaxe están garantidos.