MALETA INCLUSIVA

Estas últimas semanas de curso estamos a realizar unha nova actividade proposta polo Departamento de Orientación do colexio xunto co Equipo de Biblioteca. Solicitamos ao CFR de Ferrol a "maleta inclusiva", e o noso centro é o primeiro da zona en poder disfrutar e aprender dela.

A maleta inclusiva trata dun lote de libros pensados para o alumnado de infantil e primaria e centrados con temática de atención á diversidade e a inclusión.

 Nestas pasadas semanas o alumnado das aulas de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe estiveron facendo un mural no corredor próximo ás súas aulas e montando a exposición. No mural aparecen todos os libros que trae a maleta, a súa temática e a idade recomendada.

A partir de agora, os mestres do centro poderán visitar a exposición e escoller os libros que consideren oportunos para traballar nas aulas.

A exposición permanecerá aberta ata final de curso.