Participación no Erasmus+

Na semana do 5 ao 9 de marzo realizouse unha mobilidade a Burdeos no programa Erasmus+ (KA101), dentro do proxecto "Multilingüismo; a aprendizaxe de idiomas e a mellora da educación en Europa", organizado polo CFR de Ferrol. Na viaxe estiveron  implicadas dúas mestras do centro: Gloria Quintana, de Música, e Belén Vizoso, de Inglés. Os participantes de centros públicos de Educación Primaria e Secundaria de Ferrolterra tiveron a oportunidade de mellorar a súa competencia lingüística na lingua francesa e máis achegarse ao sistema educativo francés e ás súas estratexias pedagóxicas no ámbito da música e das artes. 

Desde esta semana pódese visitar unha pequena exposición fotográfica e de materiais achegados na zona do hall do colexio.