Enviamos unha carta - visita a Correos.

O pasado día 4 de maio, o alumnado do primeiro nivel fixo unha visita á oficina de correos. A visita estivo motivada polo traballo realizado na aula sobre a elaboración dunha carta e os seus diferentes apartados: data, saúdo, preguntas de cortesía, corpo da carta e despedida. Aproveitando a actividade fixemos unha visita á sucursal de Ortigueira. 

Témoslle que agradecer ao personal de correos a paciencia e amabilidade que mostraron en todo momento a pesar da inquietude propia dos nenos destas idades.

Cada neno levou a súa carta e participaron no proceso de envío. 

O director da oficina mostrounos as instalacións e explicoulles todos os procesos que se levan a cabo nela. 

Ademáis recibiron un agasallo sorpresa que lles axudará coa difícil tarefa do aforro. Todo o alumnado disfrutou moito da saída e quedaron encantados co trato recibido na oficina. Dende o CEIP José María Lage dámoslles as grazas ao persoal de Correos, e animamos a todas as nenas e os nenos a que participen nun hábito tan bo como é manter correspondencia con amigos e familiares.