Outras actividades

MÁIS ACTIVIDADES

Estes últimos días de curso están cheos de actividades.

Hoxe, mércores 14, visitaron o centro os mestres da Escola de Música de Ortigueira, cos seus alumnos da famosa Banda de Papel.

Mañá, xoves 15, ás 12:50h, todos os grupos de EP, coordinados pola mestra de Música, Gloria Quintana, bailarán nas pistas de baloncesto. Con esta danza a mestra quere poñer o punto e final ao seu proxecto relacionado co PDI da Biblioteca escolar "A Arte". Podes ver fotos aquí

O venres 16, se o tempo o permite, realizaremos os xogos populares de 12:00 h a 14:20 h, organizados polo Equipo de Normalización Lingüísitca, en coordinación cos mestres de Educación Física.

O luns 19, os nosos pequenos disfrutarán dunha sesión de karaoke proposto polo Equipo de Biblioteca e os seus colaboradores.