Curso 22 - 23

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

         
"LA VUELTA AL COLE" CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL  

O próximo 28 de outubro imos a organizar, en colaboración coa nosa ANPA e a policía local de Ferrol, unha carreira solidaria escolar con todo o alumnado para concienciar e recaudar fondos para lograr a cura da leucemia infantil. Terá lugar, aproximadamente das 10 ás 12 horas na Avenida de Mac Mahón ou se o tempo non o permite, no pavillón do colexio. As familias que o desexen tamén están invitadas a participar.

Máis información premendo na imaxe....

   

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 22 - 23

               
  XA ESTÁ A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A NOSA PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL  
 

Premendo na imaxe da dereita accédese á nosa Programación Xeral Anual (PXA),

documento xeral e organizativo anual do centro

   

   
       

Curso 22/23: Admisión Seccións Bilingües e autorizacións

             
               
     

AUMENTAMOS  SECCIÓNS BILINGÜES!

O vindeiro curso, o alumnado de 1º e 2º de E.Primaria, comezarán coas seccións bilingües na área de Música, na cal os nosos nenos e nenas desfrutarán desta materia en Inglés.

     
       Para poder levar a cabo este proxecto, precisamos que cubran e entreguen a autorización correspondente ás súas titoras e iniciar así esta nova andaina.       
     

 Preme na imaxe para acceder aos impresos

                                 

     
     

 1º E. Primaria         2º E. Primaria

     
             

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022 (I)

         
  COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022      
 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 19 setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio. Este curso corresponde renovar 3 pais/nais, un/unha deles/as será nomeado/a pola ANPA, 2 profesores/as, 1 PAS e o representante do Concello.

O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público, celebrarase neste Centro o próximo xoves 27 de outubro ás 9:15 horas na secretaría do centro.

Acceso á circular informativa

     

Powered by Drupal - Design by artinet