O APALPADOR

             
           
     

O Apalpador vive na memoria dos habitantes máis ancianos de O Caurel e Os Ancares, na montaña luguesa.

Os máis vellos do lugar lémbrano polo que os seus maiores lles contaron, e descríbeno como un vello apacible, barbado e grandón, que fuma en pipa, leva pucho e viste chambra colorida e pantalóns con remendos.

Contan tamén que a noite do 25 ou do 30 de decembro, este xigante bonachón e de oficio carboeiro, abandoaba as altas montañas nas que vivía e baixaba ás aldeas para entrar sen facer ruido nos cuartos dos máis pequenos. Despois de palparlles a barriguiña con moito coidado (de ahí o nome de Apalpador) e comprobar que estaban ben alimentados, desexáballes o que o vindeiro ano non pasaran fame e como agasallo de Nadal deixáballes unha boa presa de castañas asadas. O Apalpador era home sabio e non ignoraba que naqueles tempos (XIX e principios dos XX) a castaña en Galicia era un alimento moi prezado.

A lenda do Apalpador resulta entrañable porque nos transporta á Galicia dos nosos avós, onde aflora o realismo máxico dunha terra rica en tradicións e lendas que foron fonte de inspiración para os contos de Fole, Dieste ou Cunqueiro. Pero tamén a unha época de aislamento, privación e miseria. O feito de que o Apalpador palpase as barrigas para comprobar se os nenos estaban ben alimentados fai pensar na escaseza de comida e nas duras condicións de vida. Pero non deixa de resultar conmovedora esa emoción que despertaba nos nenos e nenas o agasallo dunha simple presa de castañas, o valor que para eles tiña algo tan esencial como a comida. Por desgracia segue habendo moitos lugares onde os nenos recibirían a figura dun Apalpador con tanta ilusión coma aqueles outros que hai tantos anos habitaron as terras da montaña lucense.

PARA TODOS E TODAS BO NADAL E UN ANINOVO CHEO DE CASTAÑAS

     
     

NESTA PRESENTACIÓN INTERACTIVA PODEMOS ATOPAR DENDE UNA SERIE DE RECURSOS SOBRE O APALPADOR (CONTOS, UNIDADES DIDÁCTICAS, MATERIAIS, DEBUXOS....) ATA ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Esperamos que o pasedes ben co APALPADOR!

     
             
     
     
             
     

O APALPADOR TAMÉN VEN AO NOSO COLE.

AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DA SÚA VISITA

       

Powered by Drupal - Design by artinet