APALPADOR 2015

     
     
                   
             
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO  ISAAC  PERAL

     
     

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
     

Pois ben, este ano, o martes día 15 de decembro, tamén chegou o Apalpador ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

                 
       

        

Estas e máis imaxes na nosa galería de fotos. Para acceder premer no apalpador

   
     

 

 
     

O noso alumnado participou no IV concurso "Coñecendo ao Apalpador" organizado pola Fundación Artabria. Parabéns a todos os participantes e en especial aos gañadores. Aquí tedes algúns debuxos do noso alumnado:

                          

Premendo na imaxe accedese a todos os gañadores do noso centro

 
         

Powered by Drupal - Design by artinet