Skip to Content

NOVAS E AVISOS!

FONDO DE LIBROS 23-24

FONDO LIBROS

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.

Códigos de procedemento ED330

 NORMATIVA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

  •  O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Electrónica (Procedemento ED330B) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro
  • Presencial: cubrir os Anexos I e II e presentalos no centro de luns a venres de 9:30 h a 13:00 h.  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  •  ANEXO I   
  •  ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.    
  •  Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o  número de membros utilizando os seguintes medios:

a) Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

b) Certificado ou volante de convivencia.

c) Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.        
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.      
  • A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.          
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.      
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

Deberán achegar FOTOCOPIAS e os respectivos ORIXINAIS  de toda a documentación para verificar a súa autenticidade.

DESTINATARIOS

  •   Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para alumnado que vaia a cursar 3º , 4º, 5º e 6º de primaria.
  •   Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
  •   Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

  •  Listaxes provisionais: 27 de xuño
  •  Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño (2 días posteriores á publicación)
  •  Listaxes definitivas: 3 de xullo

ENTREGA DE VALES: entre o 4 e o 10 de xullo ou a partir do 1 de setembro

ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro

MANUAL USUARIO SOLICITANTES

ANEXO I-II castelán

ANEXO I-II galego

Concurso de méritos para selección de proxectos de dirección.

O día 5 de abril é publicada no DOG a Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.No Anexo I da citada Orde aparece o CEIP A Igrexa-Calo como un dos centros nos que é preciso realizar este proceso.Segundo o recollido no Art.6 da Orde, a Comisión encargada da Selección, nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia e a seguinte composición:

  • Dúas persoas pertencentes ao corpo de inspección educativa.

  • Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas.

  • Tres docentes do centro elixidos polo claustro de profesorado

                                      1.- Natalia Pena Couceiro

                                      2.- Gregorio San Miguel Bartolomé

                                      3.- Patricia Rey Parrado

  • Tres membros non docentes do consello escolar elixidos polo propio consello escolar

                                      1.-María José Vieites Ruibal

                                      2.- Milagros Liñares Giménez

                                      3.- María López Álvarez

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, quedaron rexistradas as seguintes:

 

                                   Pablo Barge Carrete, con destino no Ceip A Igrexa-Calo                 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Novo acceso do centro - Carta á familias.

Queridas familias, para vós esta carta.

E por favor, lembrade: acudir á vosa hora a entregar e recoller ao alumnado. Chegar antes do horario só xenera esperas innecesarias e un maior tráfico na zona. Horarios de entrega e recollida.

Carta ás familias sobre o novo acceso.

Circular piollos 2020-2021

Como cada ano que se prece, non podían faltar os tan pouco desexados inquilinos na cabeza das nosas nenas e nenos.

Revisade as cabezas.

Como actuar ante a presenza de piollos

Programa escolar de consumo de froitas e leite.

Esta semana empezamos co reparto de froitas ao alumnado na hora do recreo.

Iremos actualizando esta mensaxe para que saibades cando facemos o reparto de froitas e leite, e se hai algún cambio, e así organizar as vosas merendas dende a casa.

1º Reparto de leite:  dende o martes 14 de xaneiro.

1º reparto de froita: dende o mércores 10 de febreiro.

2º reparto de leite: dende o luns 12 de abril.

2º reparto de froita: dende o luns 3 de maio.

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

CURSO 2022-2023 ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2022-2023

Aberto o prazo  (11 de xaneiro ata o 8 de febrero) para a reserva de prazas nos centros de adscrición; neste caso, trátase de realizar a reserva para o alumnado de 6º EP e que continúe os seus estudos o curso 22/23 no IES de Cacheiras.

O alumnado que non vaia continuar os estudos de secundaria no IES de Cacheiras, non ten que entregar nada neste prazo.

Os impresos entréganse no CEIP A Igrexa - Calo

PROCEDEMENTO:

Para poder facer a reserva existen dúas maneiras: 

  1. Por vía telemática, na aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación (seguindo a Ruta “Solicitudes-Reserva-Crear”). 
  2. Cubríndo a man (descargando o Anexo I  que se achega a continuación). 

A solicitude de reserva deberase presentar no noso centro ou mediante SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo esta a canle preferible de presentación.

Poden consultar toda a información con respecto aos pasos a seguir, para realizar a reserva no Anexo II que segue.

 

Saídas didácticas

 SAÍDAS DIDÁCTICAS  

VENRES 25/11/22. 3º Primaria

Mostra MIIC 4: IMAXINARIA – SANTIAGO "Tormenta de ideas":

 

 

MARTES 29/11/22- 1º e 2º Primaria

“A aventura de aburrirse”. Auditorio Teatro Afundación

 

 
 MARTES 13/12/22- 4º Primaria
Museo de Historia Natural e Cidade da Cultura 

 

 MARTES 22/12/22- 5º e 6º Primaria
Auditorio Constante Liste. A Ramallosa

 

 

 

 

TRANSPORTE ESCOLAR

 

 

RUTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut