Skip to Content

NOVIDADES BIBLIOGALÁN NO NOSO CENTRO

Aproveitando a recente migración ao novo sistema de xestión de fondos KOHA-bescolares, o noso centro tamén comezará a prestar o servizo de préstamos de contidos dixitais a través da plataforma E-LBE.2, dispoñible para todas as bibliotecas escolares de Galicia suxeitas a rede PLAMBE como é o noso caso.

A integración neste servizo faremola de xeito gradual (actualmente cunha aula piloto) para chegar neste curso a todo o terceiro ciclo de Educación Primaria, Clubs de Lectura e profesorado e cara o próximo curso, a todas as etapas, niveis educativos e ao resto da nosa comunidad educativa.

Acceso á plataforma: https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

 Mais información do servizo aquí: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1615

 

PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS NFOA_UDC

Diego Rúa Romero, mestre de primaria no CEIP de Galán, participará o vindeiro xoves día 11 de abril nas xornadas da UDC coa aportación de recursos interactivos para o traballo da oralidade.

COMEZARON AS VISITAS A BIBLIOTECA DE ARTEIXO

O alumnado de 1º visitou o 5 de abril a Biblioteca Henrique Rabuñal. Máis información no blog da BIBLIOGALÁN

 

PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO PLAMBE 2024

O 3 de abril a persoa coordinadora da biblioteca do CEIP de Galán participou no coloquio de boas prácticas con tres centros recén incorporados ao #PLAMBE: CEIP de Galán (Arteixo), IES do Barral (Ponteareas) e o CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) no Auditorio Neira Vilas – Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela .

Imaxes na ligazón.

 

https://x.com/bescolaresgal/status/1775558916937581042?s=46&t=dfaqGDE1zztdDgaT2p8nhA

MENÚ TERCEIRO TRIMESTRE

PUNTO LARANXA NO CENTRO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar,  así como a actualización do Protocolo Educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, que está publicado nesta páxina no apartado de convivencia.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do Punto Laranxa.

É un espazo físico e virtual. O Punto Laranxa físico está instalado na planta baixa, na hall da entrada, visible e accesible para toda a comunidade educativa.

O Punto Laranxa Virtual está habilitado na páxina web do colexio na barra dereita. Os usuarios e usuarias disporán dun formulario cun único campo de texto para escribir a súa mensaxe.

Aquí tedes a imaxe tal como queda no noso centro.

ENCONTROS DEPORTIVOS PROFESORADO- ALUMNADO SEMANA SANTA 2024

Os encontros están organizados polo departamento de Educación Física do centro. Os xogos nos que participará alumnado e profesorado son: Datchball, Volei e Ultimate.

Educación Infantil

Celebrou un encontro deportivo entre as mestras e o alumnado o mércores día 20 nas dúas primeiras sesións da mañá.

Educación Primaria

No caso de Educación Primaria, os xogos son o xoves día 21 de 9:30 a 11:45 horas aprox.

Nestes xogos participará activamente o alumnado dos diferentes niveis de sexto (A,B,C), mentres que o resto do alumnado de Educación Primaria, acudirá en turnos rotativos ao pavillón para visualizar e animar nos diferentes encontros que se realicen no turno indicado.

Fotos da actividade na Galería, podedes acceder na ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=150

 

 

 

VACACIÓNS SEMANA SANTA

As vacacións de Semana Santa abranguen do 25 de marzo ao 1 de abril, ambos os dous incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut