Skip to Content

CONTINUAMOS COAS SAÍDAS DE XABIER MACEIRAS

Continuamos coas saídas da man de Xabier Maceiras. Esta vez co alumnado de 2º e 3º de educación primaria.

O alumnado de 2º de educación primaria visitou Punta Langosteira onde coñeceu o litoral arteixán e se lles falou das antigas torres vixía de Sorrizo e Suevos, do telégrafo, das baleas...

 

O alumnado de 3º de educación primaria  soubo da existencia dunha antiga fábrica de curtidos que lle dá nome a unha rúa da zona, Rúa do Monte da Fábrica, en Oseiro. Viron as paredes do curtidoiro e coñeceron o proceso de transformación das peles dos animais en coiro.

Máis imaxes na galería, moitísimas grazas Xabier!

Grazas tamén a Policía Local de Arteixo que colaborou na realización desta saída!

 

CHARLA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES. ACTIVIDADE DO CONCELLO DE ARTEIXO

O alumnado de 2º participou, o venres 15 de marzo, nunha charla sobre hábitos saudables e da importancia de manter ditos hábitos para ter unha boa saúde.

 

 

PROXECTA + AS NOSAS ACTIVIDADES

Aquí tedes a ligazón ao blog do Proxecta +

https://alimentatebengalan.blogspot.com/2023/04/plan-proxecta-alimentate-ben.html

 AS NOSAS ACTIVIDADES

O alumnado de 4º B fixeron uns traballos fantásticos sobre diferentes froitas e asistiron ás aulas de Segundo a presentalas. Estamos aprendendo un montón! Grazas compañeiras e compañeiros!

 

Estampado de froitas en 2º A

O alumnado de 2ºA fixo estas pequenas obras de arte convertindo estas froitas estampadas en cartolinas, en personaxes.... Uns artistas!!!

Estampado de froitas 2º B

O alumnado de 2º B converteu as froitas estampadas en animais invertebrados.... A que quedaron chulísimas?

Estampado de froitas 2º C

Pois os alumnos e  as alumnas de 2º C decidíronse por convertir as súas froitas estampadas en medios de transporte!!! Quedaron espectaculares!!!!

Un mural diferente... Así son os Segundos!!!

O alumnado de 2º A cos seus personaxes, 2º B cos seus invertebrados e 2º C cos seus medios de transporte.... estamparon froitas primeiro en cartolinas, logo déronlle o seu toque persoal..... e o resultado foi esta auténtica marabilla de mural!!!

 

Recuncho da froita de 2º de E. Primaria

O alumnado de segundo armou no seu pasillo un xigante recuncho da froita, para salientar a importancia da froita nas nosas vidas, non como algo esporádico senón como un hábito saudable que debemos incorporar á nosa vida cotiá.

TAMÉN RECICLAMOS!!

Os restos da froita aproveitámolos para facer compost no noso composteiro e así poder logo abonar o noso horto.

ALUMNADO DE 4º COÑECENDO A CONTORNA DA MAN DE XABIER DE MACEIRAS

O luns 11 e martes 12 de marzo, o alumnado de 4º de educación primaria realizou a actividade de Roteiro de Lendas. Comezaron no Berce e falaron da lenda da Virxe de Pastoriza. Despois baixaron á fonte da igrexa e coñeceron a lenda do pirata inglés, Drake. En Larín contáronlles a lenda dos Xentís ou Xigantes, coñecendo tamén a figura de Dora Vázquez, escritora e mestra. Exerceu de mestra na escola de Larín (naquel momento había unha escola para nenas e  outra escola para nenos). A actual biblioteca da Urbanización Sol y Mar leva o seu nome. Para rematar a saída fixeron unha parada na Praia de Sabón e descubriron a lenda da Constanza.

Podedes ver fotos na ligazón da galería:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=14

Aquí vos deixamos unha montaxe con imaxes. O alumnado veu encantado da saída!!!

 

 

PRESENTACIÓN PARA AS FAMILIAS, ANPA, PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA

Para acceder a presentación da sesión informativa por persoal das Forzas de Seguridade do Estado, persoal da Garda Civil, picade  AQUÍ

 

 

ADACECO VISITA GALÁN

Este venres 1 de marzo visitáronnos do centro ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da a Coruña)

dentro das actividades do noso proxecto de Agrupación de Centros do MEC “Activos por la inclusión”.

Unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha fisioterapeuta explicáronnos o que é o dano cerebral

adquirido e as 3 efes fundamentais de alerta para un recoñecemento rápido de dano cerebral, ao alumnado

de 1.º e 2.º de Primaria.

Ademais, os nosos nenos e nenas tiveron a oportunidade de vivenciar de primeira man as dificultades ás

que se enfrontan as persoas con dano cerebral adquirido, dende como abrir unha botella de auga a poñerse

un calcetín...

Non só aprendemos, senón que foi moi divertido… Marta, Lucía e Pili, moitas grazas!!

 

 

5º DE PRIMARIA VISITA O PAZO DE GALÁN CON XABIER MACEIRAS

Realizamos a primeira saída pola contorna da man de Xabier Maceiras co alumnado de 5º de primaria. Podedes ver as fotos na galería, aquí deixamos unha mostra. Coñeceron o Pazo de Galán e a Rúa Galán que dá nome ao noso centro, o lugar onde estaba o antigo castro, o pombal e a capela de San Bieito.

Capela, pombal e ciprés pazo é ( capilla, palomar y ciprés pazo es )

 

AFONDAMOS NO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO CON ADACECO

A actividade desenvolveuse na BiblioGalán, máis información no blog:

https://bibliogalan.blogspot.com/2024/03/afondamos-no-dano-cerebral-adquirido.html

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS. PROTECCIÓN DE DATOS. PROTOCOLO

Publícase información que é de interese para as familias. Protocolo de Protección de Datos da Consellería.

Salvo que exista unha sentenza ou resolución xudicial que diga o contrario, ambos proxenitores teñen a patria potestade dos seus fillos, con independencia de que a garda e custodia sexa compartida ou corresponda unicamente a un deles.

Nos supostos de patria potestade compartida, con independencia de quen teña a custodia, ambos os dous proxenitores teñen dereito a recibir a mesma información sobre as circunstancias que concorran no proceso educativo do/a menor e, polo tanto, o centro debe facilitarlles a mesma información ESCOLAR a ambos os dous proxenitores. (Punto 11 do Protocolo de Protección de Datos da Consellería - setembro 2022).

Outras cuestións que saian do ámbito escolar, o centro unicamente emitirá informe previa petición escrita do organismo oficial competente (Xulgado, Fiscalía de Menores...)

O equipo directivo

COMEDOR: CAMBIO NO MENÚ DO DÍA 1 DE MARZO

Hoxe, venres 1 de marzo, servirase o plato “crema campera” en substitución do caldo galego, posto que xa se serviu o venres pasado co motivo do aniversario de Rosalía de Castro.

Distribuir contido


by Dr. Radut