Skip to Content

PUBLICOUSE O CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela establécese que as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos, tendo en conta que para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en diante, ABAU).

 

SAÍDAS E ACTIVIDADES PREVISTAS MAIO-XUÑO

Actividades previstas, no caso de actualizarse poñeranse nesta mesma entrada. Unhas son do Concello de Arteixo e outras programadas polo propio centro

Saídas a Biblioteca de Arteixo e a de Dora Vázquez en Oseiro: todo o alumnado do centro

6 de maio: 5º E.P, visita Granxa Escola Belelle. Autobús ALSA

8 de maio: 4º E.P, visita o Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Autobús ALSA

8 de maio: 5º C, visita Eroski en Arteixo. Autobús Concello

10 de maio: 2ºA e 2ºB, visitan Belas Artes na Coruña. Autobús Concello

13 de maio: acollida no centro das escolas de infantil de Vilarrodís e Barrionovo e gardaría Vagalume. Autobús Daniel de la Iglesia. (Actualizada)

14 de maio: 6º de E.P, visita con Xabier Maceiras, Froxel ( Manuel Murguía) (Aplazada)

15 de maio: 6º A e 6º B, Belas Artes na Coruña. Autobús Concello

16 de maio: celebración do Día da Letras Galegas 2024

16 de maio: 2º C e 6ºC, Belas Artes na Coruña. Autobús Concello

16 de maio: Plan Director para 5º. Charlas formativas.

(Actualizada)

21 de maio: E.Infantil, O Ventoso. Autobús ALSA ( Actualizada )

22 de maio: 3º E.P, O Ventoso. Autobús Daniel de la Iglesia. (Actualizada)

 

27-28-29 de maio: alumnado e profesorado do CEIP Laguna del Duero de Valladolid, visitan o noso centro

23 de maio: 4º A, visita Gadisa en Arteixo.

23 de maio: exhibición Policía ( Plan Director) no Coliseum, 2º e 6º ( Autobús Concello, actualizada)

27-28 de maio: 4º B e 4º C (Actualizada)

3 de xuño: 6º E.I, visitan os Petroglifos en Larín con Xabier Maceiras. Autobús Daniel de la Iglesia (ANPA Manuel Murguía)

4 de xuño: 5º E.I, visita Suevos, con Xabier Maceiras. Autobús Daniel de la Iglesia ( ANPA Manuel Murguía)

5 de xuño: 4º E.I, saída pola contorna

13 de xuño: sorteo cesta con material escolar, (saída 5º a Leitariegos 2025)

13 de xuño: 3º E.P, ruta polo litoral arteixán. Autobús Concello

14 de xuño: despedida do alumnado de 6º de E.P en horario lectivo.

17 de xuño:6º de E.P, visita con Xabier Maceiras, Froxel ( Manuel Murguía) ( Actualizada)

18 de xuño: despedida do alumnado de 6º E.I en horario lectivo.

20-21 de xuño: fin de curso

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CUN APADRIÑAMENTO LECTOR

O 30 de abril celebramos o Día do Libro no colexio. Toda a información no blog BIBLIOGALÁN. Picade na ligazón:

https://bibliogalan.blogspot.com/2024/05/celebramos-o-dia-do-libro-cun.html

O CEIP DE GALÁN VISITA O CEIP EDUARDO LUCENA DE CÓRDOBA

Agrupaciones Centros Educativos 2022-2024

O CEIP de Galán dentro da súa participación no programa do MEC, Agrupaciones Centros Educativos, iniciativa destinada a promover agrupacións de centros escolares de diferentes comunidades autónomas e que se está a desenvolver nos cursos académicos 2022-2023, 2023-2024, co nome " Activos por la Inclusión", viaxou a Córdoba do 21 ao 26 de abril de 2024 para que o alumnado de sexto de educación primaria do CEIP de Galán e do CEIP Eduardo Lucena de Córdoba participara en xornadas de convivencia e interralacionara entre si.

Na visita, o alumnado dos dous colexios participou nunha xornada de deporte inclusivo dirixido por alumnado da Universidade de Córdoba e nunha ruta de sendeirismo polos arredores de Córdoba. Ademais, durante os cinco días da viaxe, o alumnado aproveitou para coñecer os monumentos máis importantes da cidade como a Mezquita-Catedral, a Xudería, a Ponte Romana, os patios cordobeses e o Alcázarar dos Reis Cristianos, así como dun tempo de lecer nas magníficas instalacións do Albergue Xuvenil do Cerro Muriano. Máis alá da cidade de Córdoba, visitaron o Castelo de Almodóvar e o Museo do Cobre no Cerro Muriano.

Durante o traxecto de ida e volta poideron coñecer, a través de visitas guiadas, cidades como Cáceres, Mérida e Salamanca, cidades Patrimonio da Humanidade.

Unha viaxe cun compoñente cultural moi importante, pero sobre todo de enriquecemento persoal a todos os niveis, obxectivo perseguido dende todos os axentes educativos implicados neste proxecto, profesorado participante, familias e o propio alumnado. Foi unha experiencia inolvidable!

Unha mención especial, para rematar este resumo da visita,  de agradecemento a todas as familias do alumnado de sexto pola súa colaboración, pola confianza depositada e sobre todo polas súas palabras de gratitude amosadas. Un agradecemento tamén á ANPA Manuel Murguía do noso centro pola súa participación e apoio neste proxecto.

Aviso: contamos con moitas fotografías, algunhas tomadas polas propias alumnas e polos alumnos, que temos que seleccionar para publicar na Galería desta páxina. Enviarase un Abalar cando as publiquemos.

GUÍAS DO PROGRAMA NAVEGA CON RUMBO

O alumnado de quinto de educación primaria recibiu unha sesión formativa do programa Navega con Rumbo.

Deixamos unhas guías que poden ser de utilidade para a comunidade educativa.

Picade  AQUÍ

PARA ALUMNADO

PARA FAMILIAS

PARA PROFESORADO

PROBLEMAS ON LINE? 017

EQUIPO ACAE

Xa temos nomeado o equipo ACAE, (Actuación  Contra o Acoso Escolar).

Directora: Mª Concepción Sánchez Vaamonde

Xefa do Departamento de Orientación/ Coordinadora do benestar emocional: Clara Cabello Gálvez

Titora: Silvia Vázquez García

AVISO. LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

A listaxe provisional está publicada no taboleiro interior do centro e accesible a través da aplicación informática o 25 de abril. Poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar, no caso de centros públicos, e ante a titularidade, no caso de centros privados concertados.

Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

O prazo de reclamación abrangue do 26 de abril ao 3 de maio de 2024, reclamacións que poden presentar no centro.

A atención das familias que presentaron solicitude de admisión no CEIP de Galán

No ADXUNTO tedes o pdf co escrito que podedes cumprimentar e entregar, incluso outra persoa que autoricedes, no centro.

AGRADECEMENTO A ANPA MANUEL MURGUÍA

O CEIP de Galán manifesta o seu agradecemento a ANPA do centro pola súa colaboración na visita a Córdoba na semana do 21 ao 26 de abril de 2024.

A ANPA entregou unha gorra para levar na visita a cada alumna e a cada alumno de sexto. O profesorado tamén recibiu unha.

Moitísimas grazas!

O NOSO PATIO DE RECREO

Distribuir contido


by Dr. Radut