Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

O CEIP DE GALÁN É FINALISTA DOS VI PREMIOS DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ " O VELLO DOS CONTOS"

O CEIP de Galán resultou finalista nos VI premios de podcast Xosé Mosquera Pérez, "  O vello dos contos" no cal participaron algunhas alumnas e algúns alumnos de quinto de primaria. Temos o convite á gala de entrega de premios o 7 de xuño de 2024 ás 11.30 horas no IES  Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

O podcast é de centros educativos de primaria e secundaria das catro provincias galegas.

Os podcasts finalistas do 6º Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, na categoría de primaria foi para nove centros, entre eles o noso:

CEIP de Galán ( Arteixo- A Coruña)- Unha máquina do tempo en Arteixo.

O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA VISITA BELLAS ARTES

O CEIP DE GALÁN RECIBE O PREMIO DO 9º CONCURSO DE MAIOS DO CONCELLO DE ARTEIXO

O CEIP de Galán foi premiado co premio de maio artístico no 9º concurso de Maios do Concello de Arteixo. Recibiu o premio a directora do centro, Mª Concepción Sánchez Vaamonde, en nome da comunidade educativa. O acto de entrega celebrouse o 24 de maio de 2024 na Praza do Balneario ás 13.00 h.

Agradecer novamente a todas as persoas da comunidade educativa que colaboraron na súa confección, na confección de "JALANA AO CARRO".

PARABÉNS!!! e grazas á Concellería de Cultura do Concello de Arteixo.

 

UN TRABALLO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

O alumnado de 5º B de Primaria, estivo traballando sobre o Cambio Climático e compartiron o seu traballo cunha exposición oral ao alumnado de 2º de Educación Primaria. Bo traballo!!!

VISITA AO COLISEUM, SEGUNDO E SEXTO DE PRIMARIA

O alumnado de Segundo e Sexto de Primaria visitou o Coliseum A Coruña e disfrutou dunha exhibición realizada pola Policía Nacional para máis de tres mil escolares.

 

SORTEO DA CESTA DA SAÍDA A LEITARIEGOS 2025

O sorteo da cesta será o 13 de xuño nas dependencias do centro. Cesta con material escolar e un vale de cen euros do CCAA de Arteixo.

Agradecemento pola súa colaboración á : Superpapelería, Mara Papel, Ofidar Suministros S.L PCON, ABANCA e o Centro Comercial Aberto de Arteixo.

VIOLINOS POLAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas na BiblioGalán.

Música de violinos soaron na Bibliogalán polo Día das Letras Galegas e pola coruñesa Luísa Villalta cunha lectura musicada do libro Luísa Villalta: sempre infinita de Bea Mejuto e Bea Gregores por parte do noso alumnado de cuarto e sexto de Educación Primaria e a música en directo das nosas compañeiras Valentina, Laura e Sofía que interpretaron pezas da música tradicional galega como Vivir na coruña que bonito é, A Rianxeira ou a Muiñeira de Chantada entre outras.

Toda a información no blog BIBLIOGALÁN

 

 

O NOSO CENTRO PARTICIPA NO 9º CONCURSO DOS MAIOS

O CEIP de Galán participa no 9º Concurso de Maios con motivo da programación de Primavera das Artes promovido pola Concellaría de Cultura de Arteixo.

 

15 DE MAIO, DÍA DA FAMILIA

O Día Internacional das Familias é unha conmemoración que se celebra anualmente o 15 de maio desde 1994, instaurada pola Asamblea Xeral de  Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993.

O alumnado de 5ºB do noso centro realizou unha postal para entregar ás súas familias. Aquí tedes un exemplo. Feliz Día!

 

VI CERTAME O VELLO DOS CONTOS

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou no  VI Certame o vello dos contos coa elaboración dun podcast.

Foi coordinado pola mestra María Berini.

Preme aquí para escoitar o Podcast.

Distribuir contido


by Dr. Radut