Skip to Content

MARÍA BRENN VISITA O NOSO CLUB DE LECTURA

O 22 de maio o alumnado de sexto de primaria tivo a visita de María Brenn no noso club de lectura, xunto coa mestra Inma, coordinadora do club e de Diego, coordinador da BE.

Aquí deixamos unha imaxe. Máis información no noso blog BIBLIOGALÁN.

Picade AQUÍ

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Están publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido no taboleiro de anuncios do centro.

NOTA INFORMATIVA

Segundo o regulado no artigo 36.1 da Orde do 21 de outubro de 2022 a impugnación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial (actualmente denomínase Dirección Territorial), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

As familias non teñen obriga de presentar a documentación a través de sede electrónica pero sí deben presentar no seu caso o recurso debidamente rexistrado por calquera dos procedementos que se contemplan no artigo 16.4 da Lei 39/15 sen que en ningún caso sexa válido o emprego do correo electrónico como medio de presentación.

AXUDAS DE LIBROS, FONDO SOLIDARIO E BONO DE MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218

DOG 96 do 20/05/2024

PRAZO: 21/05/2024 - 21/06/2024

ANEXO I - ANEXO II  ( ficheiros adxuntos)

 

 

REMATAMOS O CURSO NO CLUB DE LECTURA DE BiblioGalán.

Chegamos á recta final deste curso e o noso club de lectura tamén terá nestas semanas as últimas actividades. Ademais dos tradicionais faladoiros sobre os libros lidos neste trimestre, teremos un debate con algúns invitados especiais e un obradoiro de elaboración de cómic coa autora María Brenn, que terá lugar o mércores 22 de maio ás 12:00 na biblioteca do centro. María é xa coñecida polos alumnos e alumnas do club de lectura, xa que limos o seu cómic Ula e Vinca este curso. Por último, nos últimos días antes das vacacións celebraremos unha merenda literaria con algunha larpeirada e... tamén algúns premios!

 

VIOLINOS POLAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas na BiblioGalán.

Música de violinos soaron na Bibliogalán polo Día das Letras Galegas e pola coruñesa Luísa Villalta cunha lectura musicada do libro Luísa Villalta: sempre infinita de Bea Mejuto e Bea Gregores por parte do noso alumnado de cuarto e sexto de Educación Primaria e a música en directo das nosas compañeiras Valentina, Laura e Sofía que interpretaron pezas da música tradicional galega como Vivir na coruña que bonito é, A Rianxeira ou a Muiñeira de Chantada entre outras.

Toda a información no blog BIBLIOGALÁN

 

 

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

A partir do día 21 de maio e ata o 30 de xuño,  a secretaría permanecerá aberta de 9.00 a 14.00 horas para presentación dos trámites de final de curso.

O NOSO CENTRO PARTICIPA NO 9º CONCURSO DOS MAIOS

O CEIP de Galán participa no 9º Concurso de Maios con motivo da programación de Primavera das Artes promovido pola Concellaría de Cultura de Arteixo.

 

DÍA NON LECTIVO

O  luns 20 de maio, NON É LECTIVO

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Por un problema técnico na aplicación as listaxes definitivas non se publicarán ata o día 22 de maio que é o prazo límite indicado na aplicación.

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

DÍA DA ENFERMIDADE CELÍACA. INFORMACIÓN COMEDOR ( JARDANAY)

Este xoves 16 de maio celébrase o Día da Enfermidade Celíaca e desde Jardanay axudan a dar visibilidade a esta patoloxía cambiando o menú xeral a un sen glute e ralizando actividades sobre a celiaquía co alumnado do comedor.

O menú queda da seguinte forma:

  • Primeiro prato: crema de verduras
  • Segundo prato: codillo ao forno con arroz
  • Sobremesa: froita de tempada ( pera)
Distribuir contido


by Dr. Radut