O pasado martes 22 de maio pechamos o Proxecto de Robótica cunha charla informativa á que asistiron moitas familias do noso alumnado.
Esta xornada tivo dúas partes ben diferenciadas.
Nunha primeira parte, a mestra Raquel iris (coordinadora do proxecto) explicou as actividades desenvolvidas o longo do curso; a relatora María Nimo, especialista nesta temática, explicounos polo miudo os beneficios da robótica nestas idades.
Nunha segunda parte o alumnado presente de 5º, 6º e educación infantil, demostrounos as súas habilidades e os retos acadados ó longo do curso. Botamos de menos ao alumnado de 4º que estaban de excursión ese mesmo día. O ano que vén contamos convosco.
No seguinte vídeo podesde ver os distintos retos acadados:
Moitas grazas a toda Comunidade Educativa en especial ao alumnado que preparou a xornada con moito entusiasmo.
Ata o vindeiro curso!