4 anos 17/18

BROCHETAS E PAN TUMACA

Seguimos cos obradoiros de cociña en 4 anos. Nesta ocasión unhas brochetas de froitas e un pan tumaca crearon un menú moi saudable.

 

 

 

 

 

 

 

UN SAN VALENTÍN MOI DOCE

Na clase de 4 anos A e 4 anos B son todo amor, non só por san Valentín senón durante todo o ano. Pero aínda así quixeron festexar este día cunhas riquísimas palmeiras de chocolate e adicando unhas postais de amor a súa familia e amigos.

 
 

Entre neve e choiva (4 anos A)

Os nenos e nenas de 4 anos A estiveron investigando as cores da choiva e da neve.

As súas ideas previas coincidían en que a auga da choiva era azul. Coa observación decatáronse pouco a pouco que as gotas de chovia non teñen cor. Como era moi díficil debuxar pingas de choiva sen cor, decidiron poñelas de azul moi clariño. Golgáronas do teito do seu recuncho da choiva. Coa cor da neve non houbo problemas, e ademais dixeron que parecía algodón. Aproveitando esta comparación simularon unha xistra confecionando móbiles.

Investigaron como se representa a neve e diseñaron unhas folerpas que colocaron nos corredores´.

Desfrutade con este traballo!

 

 

 

GRAZAS 4 ANOS A POLA VOSA APORTACIÓN, A SEGUIR INVESTIGANDO!!

COMO ERAMOS DE BEBÉS?

Esta semana vimos como eramos bebés e canto cambiamos e crecemos. Cargamos paquetes de azucre para ver canto pesabamos  e comparamos a nosa altura actual co que medimos ao nacer. Ao principio pensabamos  que os bebes nacían con 4 dentes e que tiñan  mofletes gordos porque están cheos de biberón, auga, osos, aire... Tivemos que investigar un pouquiño en internet para pescudar información.  Aprendemos moito e encantou coñecer os nosos compañeiros cando eran bebés. Grazas ás familias pola vosa colaboración!!!

 

                       

Feliz aniversario MATEO

O noso pequeno Mateo cumple xa 5 anos e na clase quixo festexalo con todos os seus compañeiros e amigos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet