Celebracións

Celebracións

O CIRCO DE PULGAS CLAUDIO CARRUSELO

Claudio Carruselo (pai de Candela-6º  e Mateo infantil-3 anos) e as súas pulgas actuaron para os máis cativos do colexio, facendo as ledicias de todos e todas.

circo

O Circo das Pulgas d@s Carruselo –Galiza Pulgas Circus- presenta números circenses orixinais e únicos no mundo das pulgas: Esmeralda, coidadosa pianista e incrible equilibrista, sabe ler!; Breogán, dono das alturas, amante do risco, pulga bala, salta á piscina nun triple mortal; e Mimi, a pulga que interactúa cos nenos, e capaz de xogar ao futbol –cunha pelota do seu tamaño-, e fai equilibrios enriba dunha pelota de tenis de mesa.

As pulgas do espectáculo foron domadas durante un longo período de tempo seguindo a tradición galega dos máis prestixiosos domadores de pulgas polo propio Claudio Carruselo, na que non se emprega ningún tipo de maltrato aos animais.


Aínda que as pulgas non chegan a falar, a sua língua propia, na que gustan escoitar  falar os nenos e nenas, é o galego. (Texto integro en http://www.coordinadoraendl.org/propostas/doc/pulgascircus.pdf)

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS A SALVA, POLO GUSTO E COIDADO DO TEU ESPECTÁCULO, E A SÚA COLABORADORA ANA!!!

 

Máis información

http://www.coordinadoraendl.org/propostas/doc/pulgascircus.pdf

http://circodepulgas.blogaliza.org/

MAGOSTO

Nestas fotos tedes a proba do ben que o pasamos cos xogos e comendo despóis as castañas quentiñas...

MAGOSTO INFANTIL

O día 8 de Novembro pola mañá o ciclo de Educación Infantil festexou a festa do Magosto.

Mentres a profe Nieves, coa axuda do Sr. Manolo, asou as castañas,  os nen@s e as profes de Infantil xogamos a tres xogos que nos preparou o profe Abel  (o noso profe de Psicomotricidade), aquí tedes o tríptico

xogos

Powered by Drupal - Design by artinet