Skip to Content

Saídas e visitas

Saídas e visitas

TEATRO EN NOVACAIXAGALICIA

Como noutros anos, os nenos/as de 4 e 5 anos disfrutamos no Centro Cultural Novacaixagalicia dunha obra de teatro. Este ano tocounos:“Guyi, Guyi”. O longo dunha hora estivemos moi atentos as aventuras dun crocodrilo chamado: Guyi, Guyi que naceu nunha familia de parrulos que o queren moito.

Saída á Madroa

Seguindo o programa medioambiental da Comunidade de Montes de Teis, o día 28 de Abril,  os nenos e nenas de 5 anos xunto cos de 2º de Primaria, realizamos unha saída ao monte da Madroa para coñecer  máis de preto  as árbores  e  os animais que viven neste monte, e que xa coñecimos nas fichas que traballamos na aula.  Tivemos  monitores  deste programa  que nos ensinaron dun xeito moi divertido participando en diversos xogos.

O tempo foi estupendo e aquí tedes unhas fotos!!!

 

VISITA Á POLICIA DO ALUMNADO DE 5 ANOS

O DÍA 1 DE MARZO, OS NENOS/AS

DE  5 ANOS, ¡POR FIN!  VISITAMOS

AS INSTALACIÓNS DA POLICÍA LOCAL DE VIGO.   ESTIVEMOS NAS SALAS DE REUNIÓN, NA  ARMERÍA, NA OFICINA NA QUE SE RECIBEN AS CHAMADAS DE URXENCIAS, NO APARCAMENTO DAS MOTOS E NO XIMNASIO.

ENCANTOUNOS A EXPERIENCIA!!!

 

VISITA Ó ZOO DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL


ANIMAIS

 

O día 3 de xuño, os nen@s de 4 anos,  tivemos unha saída ao zoo de Vigo.  

O día estivo moi caluroso polo que moitos dos animais (que non son parvos) quedaron  metidiños  nas súas casas e non saíron,  polo que non  puidemos ollarlos, nembargantes pasámolo  moi ben , estas fotos volo demostran.

VISITA Á POLICIA LOCAL

Os nenos e nenas de infantil visitamos a policia Local de Vigo. se queres ver fotos da nosa visita, preme na foto seguinte, tomada ese día diante do edificio do Concello de Vigo

visita policia

Distribuir contido


by Dr. Radut