No noso colexio entendemos que, para dominar unha lingua, non só hai que traballar a lectura e a escrita. A oralidade, a organización das nosas ideas, a fluidez, a articulación e a dicción, son elementos fundamentais para establecer unha boa comunicación en todos os idiomas. Por tales motivos, o podcast (é dicir, a radio a través da Internet) nos parece unha ferramenta altamente motivadora e dunha excepcional riqueza para traballar cos nosos alumnos e alumnas a expresión oral, a lectura en voz alta e o teatro lido. A continuación, podes ver e escoitar diversos exemplos de podcast propostos dende as diferentes áreas.
Para reproducir os arquivos de mp4 precísase un programa especial. Se non o tes instalado no teu ordenador, podes baixalo no seguinte enlace:
DITOS E RECITADOS DA TRADICIÓN ORAL Equipo de Normalización Lingüística CON MOITA MARCHA Actividades elaboradas na Aula de Música COÑECENDO O MUNDO NATURAL E SOCIAL Actividades elaboradas en 4º de primaria DIARIO DA RECONQUISTA Programa de radio sobre a Reconquista de Vigo elaborado polos alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria Biblioteca Escolar 33 RAZÓNS PARA LER MÁIS Os nenos e nenas de 5 anos explícannos as razóns polas que practicar a lectura resulta un bo deporte. VENRES DE VIVA VOZ PODCAST Actividades de oralidade semanais