Skip to Content

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2020

Iniciativas durante a "cuarentena"

LETRAS

GALEGAS

 

RECOMENDACIÓNS

LECTORAS

E.F. NA RÚA

DENDE A CASA

 

 

 Hoxe 23 de abril celebramos un

Día Internacional do Libro,

eso sí dun xeito diferente.

O Equipo Docente do noso cole, polo ben que

estades a levar o confinamento, queremos

agasallarvos cun conto.

Presta moita atención, abride a vosa a

imaxinación e desfrutade:

 

 

 

ADIVIÑA DE QUE PROFE SE TRATA , XOGAS?

As familias responde ó reto

#FrianquedaNaCasa

Grazas familias!

Animádevos!

 

"Día da Poesía", esta é a nosa proposta.

Queres ver as poetisas e poetas

do Frian, este é o momento!

 Poesía           

CONTACONTOS

Agasallo para as familias!

          Agora tócavos a vós! Proposta

 

Proposta de entretemento familiar

Como sabemos que o día é largo e máis estando en casa adxuntámosvos unha morea de ideas,

pensamos que do máis variadas, para estar máis entretidos e entretidas.

PROPOSTA DE TRABALLO POR NIVEIS

 Prezadas familias:

Contamos con que todas esteades ben, máis que nunca temos que ser unha familia,"a familia do C.E.I.P. Plurilingüe Frian-Teis".

O Equipo docente dos ditintos niveis presentámosvos unha proposta para axudarvos a pasar estes días, tan diferentes, con actividades escolares. Está inspirada na programación anual e esperamos que a poidades levar a cabo.

En cada proposta de nivel aparecen os correos electrónicos de contacto dos/as mestres/as para solventar dúbidas.

Moito ánimo e "RESISTIREMOS" e seguimos a estar moi orgullosos/as de vós!

 

 #Sentidiño

...e tede sempre a vosa máscara preparada.

Premede no voso nivel para a proposta semanal.

 

Entroido 2020

Despois duns días de moitos preparativos, por fin chegou o día do desfile.

Este ano tivemos un aliado perfecto, o sol, así as nosas comparsas, facendo referencia a distintos temas do noso P.D.I. anual "Vigo, cidade de cores" luciron fantasticamente.

Un cento de "Dinosetiños e dinosetiñas" tomaron as rúas coa súa cor verde; un grupo. ben grande de "Merdeiros e merdeiras", animaron a mañán e encheron a rúa do seu cheiro característico; "Os anunciantes dos museos" fixéronnos unha proposta moi interesante para estes días de Entroido; e, o pasado chegou ao noso barrio cuns "Vigueses e viguesas da Reconquista".

Cunha grande expectación, e centos de móviles e cámaras recollendo o momento, demos un bo paseo polo barrio. Xa moi cansadiños e cansadiñas voltamos ao cole para desfrutar dunhas xornadas merecidas de descanso.

Queremos aproveitar para dar as grazas a todas as familias que participaron dalgún xeito nos obradoiros de creación dos disfraces, sen elas sería imposible; e tamén os pais e nais que nos acompañaron e amenizaron o desfile coas gaitas e pandeiretas.

Deixámosvos as primeiras fotos dos grupos, desfrutade con elas.

 

 

 

Premendo na seguinte imaxe atoparás moreas de fotos e vídeos que o mestre Jose fixo durante o desfile.

Grupo musical

 

 

Durante toda a semana estivemos ben atentos/as "Os mandadiños do meco"

 

Tamén o luns, que e o día adicado a postres caseiros, dentro do calendario de merendas saudables, compartimos sobremesas de entroido, estaban ben boas!

 

 Jorge, pai de Xorxe de 6ºB, realizou un obradoiro sobre "Os Meredeiros" que recollemos no seguinte vídeo:

 

 

Bo entroido 2020!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut