APRENDEMOS O QUE É A DESNUTRICIÓN

 
 Nutrición
 
 
Comencemos o noso traballo visualizando este fantástico video que nos presentan Marc e Marta, titulado: ...E COMERON PERDICES!
 
 
 
 
SUXESTIÓNS PARA TRABALLAR COS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL:
  • Descubrir no globo terráqueo ou en Google Earth onde quedan España e Africa.
  • Que medio de transporte usaremos para viaxar a Africa?
  • Preguntas de comprensión do vídeo:
1. A que se adica o pai de Marc e Marta?
2. A viaxe que fixeron ata Africa Marc e Marta, foi curta ou longa? 
3. En África, vai calor ou frío?
4. Que serán os Médicos Sen Fronteiras? 
5. Credes que en África falarán español, ou galego?
6. Como visten os africáns?
7. Como son os hospitais africáns?
  • A desnutrición é unha enfermidade que padecen moitos nenos e nenas de África. Están desnutridos porque non comen o que os seus corpos necesitan. 
  • Para comprobar se están desnutridos, os médicos lles miden a circunferencia do brazo cunhas cintas chamadas MUAC ou os pesan nunha báscula.
  • Con MUAC de mostra, medimos a circunferencia dos brazos dos nenos. 
  • En cartulina, cada un pode colorear o seu MUAC.
  • Podemos pesarnos nunha báscula.
  • Feitas as medidas, podemos facer comparacións e ordear os nomes dos nenos dende o que pesa máis ó que pesa menos.
  • Onde conquerimos nós os alimentos? 
  • En Africa non hai tendas. A xente vive do que cultiva. Pero, moitas veces, non chove, e así, os cultivos non poden crecer. 
  • Que alimentos comemos nós asiduamente?
  • Descubrimos que alimentos comen os nenos africanos. (Para os mestres, existe un xogo sobre a pirámide nutricional que nos pode servir de axuda nesta páxina:
  • Cando un neno ou unha nena está desnutrido, os médicos mándanlles comer unha pasta feita con cacahuetes; se están moi enfermos quedan no hospital mentras curan.  

Powered by Drupal - Design by artinet