O alumnado do 1ro ciclo realizamos unha visita guiada no Museo Marco sobre a exposición: "Laxeiro e a arte da súa época".
Vimos a exposición e participamos nun obradoiro, no que experimentamos con distintas texturas: papel vexetal, lixa, cartulina e cartón e empregamos distintas técnicas: lapis, ceras, acuarela e pintura de dedos con pincel gordo, creando cada un as súas propias obras de arte, experimentando sentimentos de ledicia, relaxación e satisfación persoal.
Foi unha experiencia lúdica e cultural, na que grazas as nosas guías gozamos ao máximo.
Parabéns ao Museo Marco e as guías, pola organización destas actividades, dar a coñecer e experimentar coa arte.