OBRADOIRO DE CIENCIA COA UNIVERSIDADE DE VIGO

obradoiro ciencia

O venres 18 de marzo, 5º e 6º de primaria fixemos unha saída ao Berbés para asistir a unha expo-feira baixo o nome: "A ciencia que vén ten nome de muller". 
Esta actividade estivo organizada pola Universidade de Vigo e consistiu nun roteiro de doce obradoiros, onde o alumnado experimentamos, aprendemos e sobre todo divertímonos coa ciencia.
Desde a elaboración de photoshop, pintura rupestre, análise de ADN, observación de animais e fósiles incribles.
Estes obradoiros abarcaron todo o campo científico: tecnoloxía, medio ambiente, saúde e benestar, patrimonio e economía.
Desta experiencia sacamos unha clara conclusión: as nenas podemos igual que os nosos compañeiros, os nenos, realizar todo tipo de tarefas relacionadas coa ciencia e podemos, se queremos, ser auténticas e auténticos científicos e científicas.
 
 
Queremos dar as grazas dende o cole Frian á Universidade por esta experiencia inesquecible e por acercar a ciencia as nosas vidas.
Grazas UVigo !

Powered by Drupal - Design by artinet