Skip to Content

A clase de Vitaminas de 4 anos A presenta: "Libro de receitas"

"LIBRO DE RECEITAS"

 

A  clase das Vitaminas de 4 anos A estivemos traballando, ó longo do curso, diferentes alimentos. As familias participaron moito neste traballo cociñando connosco e compartindo cos compañeiros e compañeiras.

            

 O resultado desta investigación, é dicir, todas as receitas recollémolas nunReceitario viaxeiro que percorreu todas as nosas casas.

  Presentamos O Libro de Receitas das Vitaminas de 4 anos A:

 QUE APROVEITE!!  

 

 

Durante a nosa investigación  gustounos moito o libro “ A sopa verde “ de Ángela Madeira. Foi moi interesante, por iso decidimos usalo para facer un Lapbook cos personaxes e verduras do conto. Aprendemos alimentos varios, cores, e números… Mesmo xogamos a dramatizalo unha e outra vez cambiando de personaxe. Entón xurdiu a idea de  plasmar o noso xogo nun cómic, e así adaptamos o conto, buscamos o escenario e a actuar!

 

          Desfrutar do noso cómic “A sopa verde”:

 

   

 

                       NORABOA NENOS E NENAS DE 4 ANOS A

 

                 BO TRABALLO!!



page | by Dr. Radut