Skip to Content

1º B presenta: "Alimentos en rima"

“ OS ALIMENTOS EN RIMA “

 

        Os nenos e as nenas de 1º B investigamos os alimentos de unha forma moi divertida, xogando ás adiviñas e a través de cancións e de contos. Traballamos o que achega  cada alimento á nosa saúde e para que son bos na nosa dieta diaria.

 

 

 

 

            Un dos alimentos que nos encantou investigar foron os peixes. Coñecimos como son, os seus tipos, as súas propiedades nutricionais e como cociñalos. Estivemos  traballando as cantigas do libro cd “Té, chocolate, café “ do grupo musical Golfiños. Gustounos unha cantiga sobre un peixe moi mentireiro baseada no conto “El pez que gritaba tiburón”  de Trish Phillips editado por Combel e fixémolo entre todos.

 

           Presentamos para todos vós  o conto “O PEIXE SALMONETE”

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS DE 1º B

 

  BO TRABALLO!!

 



page | by Dr. Radut