UNHA VISITA ESPECIAL

O Departamento de Orientación organizou unha xornada de sensibilización de persoas xordas para o alumnado do noso centro o día 13 de abril.

 Leváronse a cabo dúas actividades:

 - Un contacontos para o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil.

 - Unha campaña de sensibilización de persoas xordas, para o alumnado de educación primaria.

 Neste día os nenos e nenas poideron coñecer mellor como viven día a día as persoas xordas.

Camilo, xordo de nacemento, explicoulles a todos como facía para comunicarse con persoa oíntes, como espertaba pola maña, como podería saber se un bebé chora sendo el xordo...

Antonio foi o intérprete de lingua de signos.

En todo momento, Camilo a través de Antonio daba respostas a todas as dúbidas que xurdían nos alumnos-as.

 Esta actividade foi posible gracias á colaboración da Fundación FAXPG que realiza campañas de sensibilización a través das que difunden e dan a coñecer as características das persoas da Comunidade Xorda, a Lingua de Signos española e a Cultura desta comunidade.

Aquí vos deixamos un vídeo dos bos momentos compartidos.


Powered by Drupal - Design by artinet