Skip to Content

Curso 2017-2018

Disfraz quinto curso

O vindeiro 09 de febreiro terá lugar o festival de Entroido. Este ano o tema é o de “personaxes de contos populares e tradicionais”. O alumnado de 5º disfrazarémonos dos personaxes do conto “Rata Linda de Compostela”, da autoría de Bernardino Graña.

Os personaxes que aparecen no conto son: a rata, o rato, o gato, o grilo, o burro e o can.
Cada nena/nenoelixirá un personaxe. Xa os coñecen porque viron o conto na clase.
Dependendo do personaxe escollido, para ese día 09 de febreiro deberán traer:

RATALINDA
- Mallas ou leggins ou pantis negros ou grises, e unha camiseta, sudadeira, xersei de cor negro ou gris.
- Tutú ou falda colorida.
- Unha diadema sinxela (para logo facer unhas orellas de rata)
- Un calcetín “ejecutivo” (tipo media) para facer o rabo (negro ou gris)

RATO
- Pantalóns negros ou grises, e unha camiseta, sudadeira, xersei de cor negro ou gris.
- Unha diadema sinxela (para logo facer unhas orellas de rato)
- Un calcetín “ejecutivo” (tipo media) para facer o rabo (negro ou gris)
- Un chaleco ou chaqueta de cor escura.

GATO
- Pantalón  e unha camiseta, sudadeira, xersei de cor marrón.
- Sombreiro.
- Un calcetín “ejecutivo” (tipo media) para facer o rabo (marrón)

BURRO
- Pantalóns grises, e unha camiseta, sudadeira, xersei de cor  gris.
- Unha diadema sinxela (para logo facer unhas orellas de burro)
- Un calcetín “ejecutivo” (tipo media) para facer o rabo (gris)
- Luvas (guantes) negros.

CAN
- Pantalóns negro ou marrón oscuro, e unha camiseta, sudadeira, xerseide cor  negraou marrón oscura.
- Unha diadema sinxela (para logo facer unhas orellas de can)
- Un calcetín “ejecutivo” (tipo media) para facer o rabo (marrón ou negro).
- Gafas de sol.

GRILO
- Pantalóns negro, e unha camiseta, sudadeira, xersei marrón oscura.
- Unha diadema sinxela (para logo facer unhas orellas de grilo)
- Unha chaqueta tipo frac ou levita negra.
- Gafas de sol.
Cada un que escolla libremente. Os complementos faranos os propios alumnos/as no cole.
Para nós ir organizando entregade esta parte de abaixo cuberta aos titores de 5º.

--------------------------------------------------------------------------------

O/a alumno/a  …………………………………………………………………………..

escolle para disfrazarse o personaxe de ……………………………………………………………

 

Aquí vos deixamos o conto "Rata Linda de Compostela" para que escollades o personaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut