Skip to Content

25-N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada ano, cada 25-N conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Este ano, no CEIP Felipe de Castro, creamos o Xardín da Esperanza, no que o alumnado plantou as sementes que farán xermolar os ideais que poñan fin a esta situación que a ONU definiu como "unha das máis devastadoras violacións dos Dereitos Humanos".

Somos conscientes de que se trata dun tipo de violencia das máis extendidas e persistentes do mundo; dunha lacra á que, entre todas e todos, deberíamos poñer fin e, para iso, desde as aulas elaboramos os seguintes ideais que quedaron “plantados” no noso xardín:

En Educación Infantil, Aula Específica e 1º Ciclo de Primaria: as emocións e sentimientos asociados a actitudes de respecto hacia as mulleres (respecto, agarimo, lecidia…)

No 2º Ciclo de Primaria: accións e actitudes que promovan relacións de igualdade en todos os ámbitos da sociedade (dirixir empresas, pilotar avións…)

No 3º Ciclo de Primaria: elaboráronse lemas contra a violencia de xénero.

Esperamos que as ideas sementadas neste xardín xermolen e sexan un pequeno gran de area nese gran deserto que para as mulleres supón a violencia machista.

Contamos con todas e todos vós para conseguilo!.

 

Un dos grupos que traballaron no Xardín.



blog | by Dr. Radut