Skip to Content

ESCOLA PARA NAIS E PAIS - Unha proposta de transformación social

Estimadas familias:

Dende o CEIP Felipe de Castro, en colaboración co Departamento de servizos Sociais do Concello, convidámosvos a participar nunha “escola para pais e nais”.

Os obxectivos desta iniciativa son crear un espazo de reflexión e abordar a problemática de ser nais e pais hoxe. Será un espazo para pensar xuntos a función como nais e pais co fin de desenvolver o protagonismo persoal-social na resolución dos conflitos.

Esta escola para pais e nais será impartida pola Pedagoga Yolanda Gómez Bombín.

Os temas básicos serán:

  • O grupo familiar. Carga socio-cultural como realidade institucional. A súa realidade dinámica.
  • Vínculo, comunicación e aprendizaxe.
  • Os roles, espazos e límites. O exercicio da autoridade.
  • Roles masculino e feminino, a súa problemática actual.
  • Proceso de crecer. As etapas básicas que marcan o desenvolvemento.

Metodoloxía: Serán 10 reunións de 2 horas de duración.

Horario:  16:00 a 18:00

Lugar:  CEIP Felipe de Castro

Datas:

Mércores 15 de novembro de 2023
Mércores 22 de novembro de 2023
Mércores 29 de novembro de 2023
Martes 5 de decembro de 2023
Mércores 13 de decembro de 2023
Mércores 20 de decembro de 2023
Mércores 10 de xaneiro de 2024
Mércores 17 de xaneiro de 2024
Mércores 24 de xaneiro de 2024
Mércores 31 de xaneiro de 2024

 

Para poder organizar a escola de pais e nais, pregámosvos que vos inscribades antes do día 8 de novembro.

 

AdxuntoTamaño
ESCOLA DE PAIS E NAIS 23-24.pdf63.95 KB


blog | by Dr. Radut