Skip to Content

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA ADHESIÓN CONVENIO COMEDORES XUNTA

             Tras non recibir resposta por parte da Administración ó documento coa demanda necesaria para poder adherirnos ó convenio de comedores ofertado, enviado o pasado 8 de maio, e unha vez reunidos os socios en asamblea, a Anpa Avilés de Taramancos, pertencente ó C.E.I.P. Felipe de Castro de Noia, decidiu por unanimidade NON adherirse ó convenio de xestión de comedores ofertado pola Xunta, xa que nas condicións ofertadas resultaría imposible cubrilas necesidades reáis de demanda do servizo.

O vindeiro martes 14 de Maio, a Anpa convoca unha asamblea extraordinaria con un único punto na orde do día:

            ● Ofrecemento e condicións que a Xunta de Galicia nos trasladou para que o comedor do centro pasase a formar parte da rede de comedores da Xunta, deixando así de estar xestionado pola Anpa.

            Consideramos que a vosa asistencia e importante sobretodo de aqueles que sexades ou vaiades a ser usuarios do servizo de comedor.

Hora da asamblea. 1ª convocatoria: 20:00 h; 2ª convocatoria 20:30 h

  Lugar: Salón de actos do Colexio



page | by Dr. Radut