Skip to Content

MERCADIÑO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-2014

Ó remate do curso 12-13, dende a ANPA organizaremos un mercadiño de libros de texto usados, este mercadiño realizaráse en dúas fases:

1.    Compra de libros por parte da ANPA: Terá lugar

os días 25, 26 e 27 de Xuño en horario de 16 a 19 horas, compraránse libros atendendo ós seguintes criterios:

A)    Os libros deben estar en bo estado. (forrados, sen nome do nen@, sin rotura de páxinas, sen debuxos nen garabatos) en resumen, no estado no que vostede accedería a mercalo.

B)    Só se comprarán os libros do listado oficial publicado (libros de educación Primaria). Este listado elaborouse dacordo co centro, e son libros que permanecerán vixentes no vindeiro curso 13-14.

C)  Rexeitarase calquera libro que non estea en condicións de ser vendido posteriormente.

D)   Haberá un único prezo de compra 5,00 €/libro.

2.    Venda de libros: A ANPA poñerá á venda os libros comprados durante

os días 1, 2 e 3 de Xullo en horario de 16 a 19 horas, atendendo ós seguintes criterios:

A)  Os socios da ANPA terán preferencia na compra, dispoñendo do primeiro día de compra reservado só para os socios, e un prezo de venda de 6,00 €/libro.

B)    O prezo de venda para os non socios, será de 8,00 €/libro.

O marxe de beneficio dos libros costeará os libros que non sexan vendidos, que pasarán a formar parte dun depósito de libros da ANPA.

 

Descargate aqui o listado oficial de libros para o mercadiño



page | by Dr. Radut