Skip to Content

III Concurso de Adornos do Nadal

Xa están expostos como cada ano todos os adornos do Nadal recibidos para o concurso, este ano contamos con 95 participantes, e cuns adornos que na súa maioria son dunha calidade e creatividade incuestionable.

Como é costume todos eles adornan a árbore do Nadal que a Anpa coloca no Centro, e que este ano atópase no espazo situado entre o local da Anpa e a Biblioteca.

Ante a dificultade que se nos presenta para poder outorgar-los premios, decidimos agasallar a tódolos nenos que presentaron un adorno cun recordo do concurso, co fin de que todos sintan premiado o seu esforzo, tanto os que traballaron "en familia" como aqueles que o traballaron de xeito máis individual.

Recordamos que aqueles nenos que queiran recuperálo seu adorno poderán facelo o día 21 de decembro antes de marchar de vacacións.

Aqui tedes unhas fotos ...dalgúns adornos representativos, xa que non é posible poñelos todos aqui invitámosvos a que os vexades todos na Escola.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut