Skip to Content

Benvida ó curso 2012-2013

Estimadas familias:

Co gallo do comezo do curso dirixímonos a vós para informarvos da renovación realizada na Directiva da ANPA Avilés de Taramancos e, dende aqui, animarvos a que participedes de forma activa na Asociación.

Como nais e pais temos a obriga de responsabilizarnos da educación dos nosos fillos/as e tamén a oportunidade de implicarnos nela a través da nosa participación na vida do centro.

Debemos ser conscientes do noso papel como parte fundamental da Comunidade Educativa e dende aqui convidámosvos a que vos fagades membros da Asociación para que co esforzo de todos consigamos o mellor para os nosos fillos/as.

Descargate aqui o formulario para facerte socio/a da A.N.P.A. Avilés de Taramancos



page | by Dr. Radut