Skip to Content

 

   

1º Educación Primaria. Programación semanal 27-30 abril. EDITADO.

Bos días, familias.

A partir de hoxe comezamos a traballar cos cadernos do 3º trimestre.

Adxunto unha programación semanal destes e unha organización das tarefas propostas polos especialistas (podedes acceder a estas a través dos hipervínculos).

Debido a situación que estamos atravesando, as dificultades de conciliación laborais, de recursos, de tempo... programei de tal forma que as tarefas non deberan exceder as 2 horas de estudo. Se é así podedes retirarllas e continuar noutro momento ou noutro día.

Tamén organicei as materias por días, deste xeito espero que se vos facilite un pouco o traballo.

Da mesma forma, se alguén o considera oportuno segundo as súas circunstancias, ten a posibilidade de completar os exercicios restantes das páxinas indicadas para cada día.

Espero poder facer en breve con vós unha reunión a través da plataforma Webex para tratar estes e outros aspectos. Mentres tanto, se tedes calquera consulta, non dubidedes en escribirme por Espazo Abalar ou por mail a albertoconejo@edu.xunta.gal .

Editado: Correxido o erro do caderno de lingua galega. Modificamos a última tarefa do xoves cambiandoa por unha proposta de Dani, o especilista de Ed. Musical.

Ánimo.

Actividades para o luns 27 de abril. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Mando as tarefas para este luns, así empezamos esta semana que é algo máis curta.

3º E. Primaria. Luns 27 de abril

Ola familias!!

Que tal foi o paseo do domingo? Espero que os vosos fillos e fillas o disfrutaran.

Esta seman ten 4 días, xa que o venres 1 de maio é festa. O traballo do luns:

  • Un pouco de Ciencias.
  • Mates, as contas da semana e uns problemas.
  • Castelá, xénero e número dos substantivos.
  • Galego, lectura e comprensión oral.

6ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Bo día a tod@s!  Que tal o paseo de onte?

Seguro que o desfrutástedes moitísimo, e nós ben que nos alegramos porque moi merecido que o tedes.

A proposta desta semana vai ser continuación do da semana pasada que, polo que se ve no blog, está dando moito de si. Que vos parece se vos convertides en creadoras/es e contadores/as de contos? Cada quen pode facelo como mellor lle pareza, aínda que as mestras de infantil suxerimos que o fagades de diferentes xeitos:

  • Contos con pedras: se non as tedes a man podédelas substituír por botes de iogur bebible, caixiñas, cartolinas e icluso anacos de folio. O primeiro que tedes que facer é debuxar en calquera dos materiais mencionados personaxes, lugares e cousas, logo xuntade todos os debuxos e ide elixindo de un en un para contar a vosa historia. Aquí vos deixamos un par de enlaces para que vexades como funciona a cousa:

                                                                                                               

  • Teatro de sombras: esta opción xa é máis coñecida por tod@s, simplemente vos deixamos un enlace para construír un sinxelo teatriño de sombras caseiro. Despois só teredes que facer as siluetas das personaxes que precisedes para contar o conto que elixades ou inventedes. 
  • Contos en mesa de luz: lembrades o conto "Pequeño Azul y Pequeño Amarillo"?. Ímosvos propoñer que fagades unha mesa de luz caseira supersinxela e que a utilicedes, entre outras cousas, para contar un conto coñecido ou inventado. Deixámosvos un vídeo para que vexades que fácil é de construír:

                                                                    

ANIMÁDEVOS e enviádenos algún contiño, aínda que sexa pequerrechiño!!!

Para os que desexedes facer algunha actividade on line, aquí tedes un recurso Abalar no que atoparedes xogos de todo tipo: puzzles, dominós, conceptos básicos, debuxos para colorear, contos, personaxes para disfrazar, actividades de numeración, series, instrumentos musicais, partes do corpo.... Se queredes xogar cuns peixiños que cambian continuamente de cores e aos que deberedes prestar moita atención, suxerimos este xogo de Aulas Galegas.

Esperamos que o pasedes moi ben. Ata a vindeira semana!!!

Por fin podemos saír!

Este conto explicativo, ofrece unha serie de orientacións para que os nenos poidan camiñar con seguridade pola rúa o próximo domingo. A disfrutar!

Un saúdo. 

TAREFA CC. SOCIAIS 3º PRIMARIA , venres 24 abril

Bo día!!!, mentres ides entrando todos e todas  na aula virtual, propoño que hoxe fagamos os exercicios 16, 17, 18, 19 e 20 da páxina 93 na libreta despois dunha lectura comprensiva, adxunto arquivo coa captura de pantalla.

saúdos

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 24 de Abril.

Guten Morgen, familias!

Proposta de tarefas para hoxe:

- Cantar a canción de “Monstruo de los colores” en lingua de signos coa palabra prohibida: “monstruo”.

- Observar os cambios de estado da auga facendo o experimento de conxelala (líquido a sólido) e fervéndoa (líquido a gasoso).

- Ordenar de menor a maior a idade de 3 membros da familia.

 

Boa fin de semana!

3º E. Primaria. Venres 24 de abril

  Ola familias!!

  Xa é venres:

  • Un pouco de Ciencias.
  • Mates, horas, minutos...
  • EF, tedes o neceser!Sorriso
  • Castelá, recordamos os aumentativos.
  • Galego, iniciamos o tema 11 do libro.

 

DÍA DO LIBRO 2020

Hoxe é o 23 de abril, sabedes que día celebramos?

Pois si, o DÍA DO LIBRO.

 

 

Dende o colexio non queremos que vos esquezades da importancia da lectura como fonte de coñecemento e entretemento, e hoxe sendo un día tan sinalado a Pescadora de Historias acordouse das súas nenas e nenos. Díxonos que sería interesante que lle botárades un vistazo ás razóns desta celebración que podedes ver neste vídeo:

E ademais deixou unhas plantillas para facer algún marcapáxinas especial.

Distribuir contido


by Dr. Radut