Skip to Content

 

   

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS, mércores 6 de maio

Bo día, xa somos 15 na aula virtual, se alguén segue a ter problemas para entrar que se poña en contacto conmigo polo email: daniel.agullo@edu.xunta.gal e falamos con sm para que vos poñan en contacto co servizo técnico.

Hoxe propoño un exercicio de repaso dos 5 temas de sociais. Lede con atención as preguntas e lembrade que non é avaliable.

saúdos!!

3º E. Primaria. Mércores 6 de maio

Ola familias!!

Este é o traballo do mércores:

  • Empezade por algunha actividade de Ciencias e Inglés.
  • Contas da semana.
  • Relixión e E.Valores. Tedes ficha divertida.
  • Galego, aplicamos a regra da V.
  • Castelá, repaso da sílaba.

LETRAS GALEGAS 2020 - RECURSOS ONLINE

Este ano adicamos as Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero e para que vaiades preparándovos, deixamos aquí unha serie de recursos:

1. Video feito polo alumnado de 5º de Educación Primaria sobre un poema deste ilustre galego

2. Vídeo da vida e obra feito polo Colexio San Pío X de Ourense

3. Don Ricardo (Xogo) por David Rial

ACCESO AO XOGO

4. Letras Galegas 2020 by Anuska

ACCESO AO XOGO

5. Letras Galegas 20 by Kyara (para Educación Infantil)

ACCESO AO XOGO

 

música para 4º primaria

Ola a todos e todas, hoxe vos propoño unha nova canción para frauta COAS NOTAS DO, RE ,MI, FA, SOL E LA, TEDES UN ENLACE A UN TITORIAL MOI BEN EXPLICADO DEBAIXO.

ADEMAIS, ANIMÁDEVOS A CANTAR E GRAVAR NUN VÍDEO A CANCIÓN DE UXÍA LAMBONA PARA COMPARTIR CON OUTROS COLES POLAS LETRAS GALEGAS.

ÁNIMO !!!!

CANCIÓN TWINKLE TWINKLE LITTLE STAR PARA FRAUTA

 

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIRO

 

SAÚDOS E ANIMÁDEVOS!!!!

 

 

3º E. Primaria. Martes 5 de maio

Ola familias!!

Traballo do martes:

  • Algunha actividade de inglés.
  • Mates, as contas  e un problema de tempo atmósférico e horas.
  • Castelá, texto e comprensión.
  • Galego, ortografía divertida.
  • EF, retos de Gonzalo. Ánimo!!!

RELIXIÓN EVANXÉLICA: ACTIVIDADES MAIO

Aquí tedes unha nova tanda de actividades para este mes de maio. 

Proposta do Departamento de Orientación.

Bo día familias.

Voltamos a carga despois da Ponte. Que vos parece se vos propoñemos unhos recursos relacionados coa autoestima e autoconcepto.

Deixámosvos un pdf con unas pautas, un xogo e unha batería de contos que traballan estes aspectos.

Esperamos que o disfrutedes.

Un saúdo. 

1º Educación Primaria. Programación semanal 4-8 maio. Editado

Bos días, familias.

Déixovos a programación desta primeira semana de maio.

Para calquera dúbida, lembrade que podedes escribirme ao correo albertoconejo@edu.xunta.gal.

 

Ánimo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut