Skip to Content

 

   

CIENCIAS NATURAIS E MÚSICA DE 5º

Bo día a todos e todas!!!, hoxe non vos poño tarefas novas, repasade os INVERTEBRADOS para o cuestionario de mañá, lembrade:  podedes abrilo ás 10 da mañá, son 10 preguntas e tedes 30 minutos para facelo, é moi doado e nos esquemas que fixéchedes está todo ok. Sorte!!!

De música, lembrade que estamos a esperar polos vídeo de Uxía Lambona, das letras Galegas....gravade un vídeo,como querades, bailando, cunha montaxe fotográfica, acompañando con pandeiretas , tambores, cunchas, o que vos saia da imaxinación e o enviades ao correo do cole ou a o meu, veña ...animádevos!!!!!!, queda esta semana!!!

 

 canción verdescente de Uxía LambonaGuay

 

saúdos e ánimo rapazada!!!

3º E. Primaria. Martes 12 de maio.

Ola familias!!

Este é o traballo do martes:

  • Empezade por facer algo de inglés.
  • Mates, toca control.
  • Lengua, unha lectura.
  • Galego, continuade coa carta.
  • EF, xa tedes os retos de Gonzalo.

As emocións dende o Departamento de Orientación

Ola familias!!!

A identificación, comprensión e control das emocións é un aspecto de suma importancia para o desenvolvemento xeral dos vosos fillos e fillas, máis nesta etapa que estamos a vivir. Por iso, comezamos hoxe cunha proposta na que se tratan as emocións básicas como o medo, o amor, a ledicia ou a tristeza. Ademais, deixámosvos un documento con varios contos interesantes para traballalas a través da lectura e un xogo da oca sobre emocións para que vos divirtades con el.

Saúdos,

Departamento de Orientación.

tarefa plástica 5º luns 11 de maio

Ola de novo, tedes tamén unha nova tarefa de plástica sobre as pinturas rupestres no tema 1 apartado 7: SABER OBSERVAR, lembrade que podedes contestar ás cuestións directamente na tarefa

tarefa naturais 5º, 11 de maio

Ola  a todos e todas, que tal o finde?. Como o tema 5 de sociais non o podemos levar adiante, porque fala da estructuración poítica de España, e non está relacionado co anterior, non o podemos considerar unha ampliación. Non é o caso de naturais, xa que o tema 5 fala dos ecosistemas nos que viven tanto vertebrados coma invertebrados no noso planeta terra.

Por isto imos seguir con ciencias naturais e daquela propoño que no tema 5 , OS ECOSISTEMAS, que xa tedes aberto,a modo introductorio fagades un SNACK EXPERIMENT, que tedes ao final, no que se fala de como ERATÓSTENES demostrou que a terra era redonda e non plana coma creían os seus cohetáneos.

Aínda che queda algunha dúbida sobre se a terra é plana ou esférica? Seguro que non! Neste snack experiment sabrás como Eratóstenes puido demostrar que a terra é esférica e calcular o seu radio.

 

Lembrade que o mércores 13, ás 10 da mañá, ábrese un cuestionario do tema dos INVERTEBRADOS!!!!!!!

 

saúdos !!!

 

tarefas ciencias naturais 3º, luns 11 de maio

Bo día , hoxe propoño ler detenidamente as páxinas 84 e 85 do libro (adxunto captura de pantalla), e facer na libreta os exercicios 7, 8 e 9. Ademais inclúo unha ficha sobre a ELECTRICIDADE, que tedes asignada na aula virtual os que xa estades dentro.

Lembrade que a libreta poderédela entregar para que eu a poda ver antes de final de curso, falarei coa vosa titora para que os que queran podan ir ao cole e deixala alí.

VÍDEO DA TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA ELÉCTRICA

 

SAÚDOS !!!!Guay

1º Educación Primaria. Programación semanal 11-14 maio.

Déixovos a programación semanal.

Nesta ocasión, como o venres é festivo, pasei un pouco da tarefa de ciencias para o xoves. Espero que non se vos faga moito.

E, como vos comentei o outro día, agradecería que me mandárades unha foto das páxinas 14-15 de galego ao correo. Podedes enviala ao longo de toda a semana (non é preciso que sexa xusto o mércores). Isto é voluntario, cada familia ten as súas circunstancias e entendo que, por diferentes motivos, algunhas non poidan envialas.   

Para calquera dúbida, lembrade que podedes escribirme ao correo albertoconejo@edu.xunta.gal.

 Moito ánimo!

Religión Católica - Actividades del 11 al 15 de Mayo

Hola familias:

Para esta semana dejo una canción para escuchar. Espero que les guste.

También os dejo mi correo por si necesitais poneros en contacto conmigo.

   lolypaz@edu.xunta.es

 Mucho ánimo !!!

Religión Católica - Actividades del 11 al 15 de Mayo

Hola familias:

Para esta semana dejo una ficha muy sencilla.

También os dejo mi correo por si teneis alguna duda o quereis hablar conmigo.

  lolypaz@edu.xunta.es

Mucho ánimo !!

Distribuir contido


by Dr. Radut