Skip to Content

 

   

FEIRA DO LIBRO EN FERROL

O Concello de Ferrol organiza a Feira do Libro dende o 19 ao 21 de abril.

No adxunto tedes o cartaz dispoñible.

BAXI FERROL - VISITA AO CENTRO

O 10 de abril tivemos a sorte de recibir a visita dalgúns membros do equipo de baloncesto feminino da nosa cidade, o BAXI FERROL.

Compartiron un rato con todo o alumnado do centro, contestando a todas as dúbidas e consultas que lle fixeron; e por riba ao rematar practicaron uns tiros as canastas.

Grazas pola visita e sorte neste treito final do campionato.

 

DÍA DA ARTES E AS LETRAS GALEGAS 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS - FRANCSICO ASOREY

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024 - LUÍSA VILLALTA

 

 

DÍA DA INTERCULTURALIDAD 2024

O centro adica tódolos anos unha xornada á INTERCULTURALIDADE para visibilizar que vivimos nun mundo multicultural que inflúe e complementa a nosa educación como membros dunha comunidade escolar. 

 

Este ano adicamos esta data a UCRAÍNA.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

 

Iníciase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

HORARIO DE ENTREGA DE SOLICITUDES:

     luns a venres de 9 a 10 horas
venres de 13 a 14 horas
martes de 16 a 19 horas

 

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2024

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Lexislación:

Datas de celebración: 

10 e 11 de abril 2024

 

Curso no que se realiza a avaliación:

4º de Educación Primaria

 

Áreas avaliadas:

  • Lingua Castelá e Literatura
  • Lingua Galega e Literatura
  • Matemáticas
  • Lingua Estranxeira

 

Características da avaliación de diagnóstico:

A avaliación de diagnóstico ten un carácter informativo, formativo e orientador para os centros educativos, para o profesorado, para o alumnado e as familias. 

A finalidade dos resultados é avaliar a calidade do sistema educativo, a través do coñecemento do grao de adquisición das competencias adquiridas polo alumnado, para poder realizar a posteriori unha reflexión e mellora dos procesos de ensinanza. Os resultados obtidos son a nivel grupo e en ningún caso serán tratados de forma individualizada.

Esta avaliación non substitúe a que se realiza no centro en cada unha das avalacións ao longo do curso académico.

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Cada 23 de febreiro celebramos a gran aportación que fixo por Galicia a escritora ROSALÍA DE CASTRO.

8M - DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O centro recibiu a visita de Patricia Barciela e o alumnado de 6º de Educación Primaria fixo unha entrevista para coñecer o día a día desta muller divulgadora da ciencia.

ENTROIDO 2024

Xa estamos a voltas co entroido deste ano 2024 e aproveitando a proximidade dos xogos olímpicos, imos disfrazarnos de atletas de distintas modalidades deportivas.

     

 

Ante a posibilidade de choiva para o día do Entroido, este trasládase ao pavillón.

As familias entrarán no recinto do colexio ás 12:00 para situarse na grada do pavillón e nos laterais fóra da pista.

O alumnado irá entrando no recinto e se colocará nos espazos marcados para o desfile.

Ao rematar voltarán ás aulas cos/as titores/as e soamente poderá ser recollido o alumnado que entregou a autorización.

Distribuir contido


by Dr. Radut