Skip to Content

 

   

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Acaban de publicar no BOP as BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE PRESTACIÓNS DE CARÁCTER ASISTENCIAL: AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2023-2024. CONCELLO DE FERROL.CIVIDAS 2023012102.

PRAZO: 10 días hábiles dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia. 

As axudas cubren os seguintes apartados:

 Liña 1: Bolsas de comedor escolar: dirixidas a menores que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino público ou concertado da cidade e que cursen: Educación Infantil ,Primaria e centros de educación especial da cidade. Tanto nos centros públicos como nos concertados as axudas poderán ser en concepto de almorzo e/ou xantar. ·

Liña 2: Axudas escolarización (material escolar): dirixidas ás persoas menores de idade que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino da cidade e que cursen: Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional Básica (nas súas diferentes modalidades) e Formación Profesional de Grao Medio. 

A documentación necesaria consta no apartado 5 que deberá ser entregada no rexistro xeral do Concello de Ferrol.

No centro deberedes solicitar o Certificado Escolar correspondente ao curso 2022-2023

 

Para máis información 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/system/files/20230515_Concello_AxudasComedor.pdf

ADMISIÓN 2023-2024

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos están publicadas no taboleiro interior do centro cos datos persoais do alumnado.

ANPA _ LIMPEZA DE PRAIAS

Acción medioambiental realizada polo ANPA na praia de Covas. 

 

Noticia

OS MAIOS 2023

Este ano grazas a gran colaboración de tódalas familias creamos de novo o noso MAIO BUXAINA que compartiron os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria na Praza de España co resto de colexios participantes.

Así é coma quedou------>

WATERPOLO - CLUB MARINA FERROL

Hoxe o alumnado asistiu a unha sesión informativa sobre a práctica do waterpolo grazas ao Clube Marina Ferrol, dentro do propósito de hábitos de vida saudable.

Grazas ao ex-alumnado que tamén participou na experiencia.

 

ENQUISA DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

Estimada comunidade educativa; a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 establece o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha ENQUISA bianual nos centros educativos. 

A recollida de datos por sectores nas seguintes ligazóns:

É preciso facer dita enquisa para poder contar cuns resultados fiables para desenvolver proxectos ou plans neste eido.

Grazas pola vosa colaboración. 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Acceso a toda a información no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional na seguinte ligazón.

 

Estimadas familias,

 

Como ven sendo habitual durante o verán, o Ministerio de Educación convocou AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO para o curso 2023/2024. O obxecto destas axudas é cubrir os custos derivados da asistencia dos/as alumnos/as a servizos externos ao centro que poden ser tanto de reeducación pedagóxica como da linguaxe, así como programas específicos para alumnado que presenta altas capacidades intelectuais. O alumnado destinatario será aquel que presente un grao de discapacidade recoñecida ou Necesidades Específicas de Apoio Educativo reflectidas en informes médicos expedidos por servizos de saúde públicos acreditados polo Departamento de Orientación do centro/Equipo de Orientación Específico. No caso de alumnado que presente altas capacidades intelectuais terase en conta o informe expedido tanto polo Departamento de Orientación como polo Equipo de Orientación Específico.

 

O prazo de presentación das solicitudes comeza o 8 de maio ata o 20 de setembro, pero recoméndase entregalo o antes posible ante calquera imprevisto, xa que son varios os apartados a cubrir e os axentes implicados.

 

Para máis información podedes consultar as bases no seguinte enlace

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/891598/document/889499

 

 así como poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro ante calquera dúbida.

Como solicitar a beca

COLEF - DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Este ano dende o Concello propuxéronnos participar nunha actividade relacionada con dar visibilidade á actividade física, e como ben e sabido nos centros educativos é a área de EF. Esta disciplina xoga un papel fundamental no desenvolvemento integral do alumnado para fornecerse como persoas saudables de cara o seu futuro. 

Foi unha xornada lúdica e diferente, que esperamos que se repita noutras ocasións nun mesmo espazo onde poidamos xuntarnos diversos colexios ao mesmo tempo e compartir experiencias.

 Noticia en prensa

PONTE NO MEU LUGAR

O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo un ano máis a posibilidade de analizar e partipicar no Programa Ponte no Meu Lugar, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut