Skip to Content

 

   

MAGOSTO E SAMAÍN

Chegou o outono e con el a época da caída das follas, as castañas e cabazas.

No colexio andan a voltas os membros do Equipo de Normalización Lingüística, e este ano teñen preparado:

  • entre o 8 e o 24 de outubro faremos manualidades cos diferentes froitos de outono
  • o 30 de outubro teremos a visita dun CASTAÑEIRO e ao longo da segunda e terceira hora faremos manualidades de outono. Merendaremos todos/as xuntos na ula as castañas asadas polo noso castañeiro.
  • o 31 de outubro faremos a visita á exposición de cabazas que temos na aula de usos múltiples. Este día o alumnado poderá vir disfrazado. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

  PEPABLO PATINHO

O vindeiro mércores 25 de outubro co motivo da celebración do Dia das Bibliotecas escolares teremos a visita de Pepablo Patinho que pasará un rato divertido co alumnado na seguinte orde de quendas:

 

  • Infantil de 10:00 a 10:30
  • 4º, 5º e 6º de 10:45 a 11:15
  • 1º, 2º e 3º de 12:00 a 12:30

A diversión terá lugar no salón de usos múltiples.

BIBLIOGRAFÍA DESTACADA

   

 

CONCELLO DE FERROL - CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A A CONCESIÓN DE PRESTACIÓNS DE CARÁCTER ASISTENCIAL: AGASALLOS DE NADAL 2024. CONCELLO DE FERROL

1.- Obxecto Esta bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ( Agasallos de Nadal), destinadas ás familias do concello de Ferrol, nel empadroadas, que cumpran cos requisitos establecidos nestas bases e que teñan menores a cargo. A campaña vai dirixida aos menores empadroados en Ferrol que, á data da festividade de Reis da correspondente convocatoria, non teñan cumpridos 17 anos.

3.- Solicitudes e prazo Os/as solicitantes deberán presentar a súa instancia (Anexo I, II e III así como toda a documentación precisa ) no Rexistro Xeral do Concello ou tramitala por calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de edictos da Sede electrónica municipal. As solicitudes presentadas fóra de prazo serán inadmitidas.

*As bases están no arquivo adxunto.

CONTACTO CO CENTRO

HORARIO DE ATENCIÓN

A oficina do centro permanecrá aberta:

do 1 ao 14 de xullo en horario de 09:00 a 13:00 

 

Teléfonos de contacto: 981 35 29 04 / 698 17 95 53

Para calqueira consulta ou petición de documentación mediante o correo electrónico:

ceip.esteiro@edu.xunta.gal

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As actividades extraescolares do curso 2022-2023 chegan ao seu remate con dúas xornadas de exhibición ás cales estades convidados:

  • VENRES 26 de maio
    16:45 --> Exhibición de BAILE MODERNO no paviilón polideportivo. [monitora Eva]
    17:00 --> Obra de TEATRO en usos múltiples. [monitora Miriam]

  • MARTES 30 de maio
    17:00 --> Exhibición de PATINAXE no pavillón polideportivo.
     [monitor Toni]

O centro quere agradecer o traballo realizado polo monitorado ao longo destes meses.

 

 

SEGURIDADE VIAL

O alumnado participou nunha xornada adicada á seguridade vial grazas a un programa ofertado polo Concello de Ferrol a través da Policia Local.

Nesta xornada aprendemos a circular polas nosas rúas, tanto coma peóns, coma conductores/as respectando as normas.

Aquí tedes no Diario de Ferrol a iniciativa: 

Los niños ferrolanos aprenden de forma lúdica seguridad viaria en la escuela de movilidad (diariodeferrol.com)

 

TUTORIAIS SOBRE EDUCACIÓN VIAL:
 

HIMNO DO COLEXIO DE ESTEIRO

Grazas ao gran traballo de Xairo Currás Porto xa temos rematado o noso ansiado himno do colexio adicado ao noso museo popular.

Esperamos que sexa do agradao de todos/as, xa que o alumnado dende terceiro ata sexto fixo un esforzo intenso para que saíse adiante.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut