Skip to Content

 

   

Proposta de actividades dende o Departamento de Orientación. Día do libro

 

Bo día familias, con motivo do día do libro eliximos unhos recursos para entretervos.

1º Imaxe cos principais beneficios de ler:

 


2ºbreve conto creado no blogue "Creando en especial", moi divertido e diferente. 

https://creandoenespecial.blogspot.com/2020/04/o-mercores-tolo.html

3º Corto relacionado co día do libro. 

4º E por último, sede creativos co seguinte taller de Origami. 

Un saúdo. 

 

 

MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL3, 4 E 5 ANOS

BO DÍA FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL. DÉIXOVOS UNHA PROPOSTA COA CANCIÓN "UN ELEFANTE SE BALANCEABA....", COMO NA CASA É COMPLICADO FACER GRUPOS E XUNTARSE DEPENDENDO DO NÚMERO DE ELEFANTES QUE NOMEAMOS, PODEN FACER O XESTO COS DEDOS DENDE O NÚMERO 1 AO 3, OU ATE ONDE SE PODA CHEGAR. ESO SI, BAILANDO E MOVÉNDOSE POLO ESPAZO. ADXUNTO VÍDEO E FICHA PARA COLOREAR. 

TAMÉN PROPOÑO UNHA ACTIVIDADE COA PERCUSIÓN CORPORAL MOI SINXELA QUE TEDES NOUTRA FICHA QUE TAMÉN ADXUNTO. (ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ORIENTADA AOS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS)

VÍDEO UN ELEFANTE....Sorriso

 

 

SAÚDOSSSSSSS

 

música para 3º primaria, 23 ABRIL

 

bO DÍA DE NOVO, DEIXO UNHA FICHA CON INSTRUMENTOS MUSICAIS PARA QUE ADIVIÑEDES O SEU NOME E DE PASO PODEDES COLOREAR CADA UN COMO QUERADES, TAMÉN PODEDES POÑER A FAMILIA DE INSTRUMENTOS Á QUE PERTENCEN (VENTO, CORDA OU PERCUSIÓN), E COMPROBALO NP SEGUINTE VÍDEO. DEIXO TAMÉN UN TITORIAL CUNHA CANTIGA PARA FRAUTA.

VÍDEO FAMILIAS INSTRUMENTOS

 

 

VÍDEO CANCIÓN PARA FRAUTA CON PLAYBACK

 

SAÚDOSSSSSorriso

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS, xoves 23 DE ABRIL e novo código para cc. naturais

Bo día a todos e todas, hoxe colgo unha ficha sobre COMO MEDIMOS O TEMPO para traballar o tema 5, podedes ver e escoitar tamén un vídeo que deixo por aquí abaixo. ATENCIÓN:Os que xa estades na aula virtual xa tedes asignada esta mesma ficha e facédela DIRECTAMENTE POLO ORDENADOR.

DÉIXOVOS UN NOVO CÓDIGO PARA CC. NATURAIS POR QUE O OUTRO NON FUNCIONABA, A VER SE CON ESTE VAI:  s00MJUZT0

VÍDEO SOBRE COMO MEDIMOS O TEMPO 

 

SAÚDOSSSSS!!!Guay

 

 

 

1º Educación Primaria. Tarefa Xoves 23 de abril

Kon´nichiwa, familias!

A proposta de tarefas de hoxe é:

- Cantar a canción de “Un elefante se balanceaba” en lingua de signos coa palabra máxica: “balanceaba”.

- Debuxar nun folio 5 animais domésticos e 5 animais salvaxes. Despois escribir os seus nomes.

- Ler a un membro da familia o teu conto favorito para celebrar o día do libro.

Unha das familias recomendoume unha colección de audiocontos moi interesantes do Museo de Ciencias Naturales, déixovos o enlace por si alguen non a viu:

https://www.mncn.csic.es/es/visita-el-mncn/educacion/cuentame-como-dedicarme-la-ciencia

Ánimo!

3º E. Primaria. Xoves 23 de abril

Boas familias!!!

 Xoves 23 de abril, día do libro!!

A nosa Pescadora de Historias nos ten preparados uns libros por idades que podemos descargar para ler tranquilamente.

  • Empezade por un pouco de Ciencias e de Música.
  • Castelá, imos traballar cun libro dos que tedes na casa.
  • Plástica, está tamén relacionada co libro elexido.
  • Podedes rematar con algo de inglés.

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS 3º, mércores 22 abril

Bo día de novo, para hoxe propoño facer unha actividade na libreta relacionada co paso do tempo, a actividade ANTES, AGORA E DESPOIS da páxina 91. Adxunto ficheiro coa actividade en word, para os que non teñades libro.

AVISO DE CIENCIAS 3º PRIMARIA

BO DÍA A TODOS E TODAS, COMO PARECE SER QUE TEDES XA AS LICENZAS DOS LIBROS, ADUXUNTO UN FICHEIRO CON DOUS CÓDIGOS, UN PARA FACER UN GRUPO VIRTUAL DE SOCIAIS E OUTRO PARA FACER UN GRUPO VIRTUAL DE NATURAIS, A VER SI FUNCIONA E PODEMOS TRABALLAR DUN XEITO MÁIS DINÁMICO.

SAÚDOS!!

MÚSICA 4º PRIMARIA

BO DÍA A TODOS E TODAS, HOXE PROPÓÑOVOS QUE VEXADES UN VÍDEO SOBRE OS INSTRUMENTOS DA FAMILIA DA CORDA, E DESPOIS QUE FAGADES UNHA FICHA (DEBUXAR NUN FOLIO E COLOREAR OS INSTRUMENTOS) DA FAMILIA DA CORDA FRETADA, É DECIR: A FAMILIA DO VIOLÍN.

VÍDEO INSTRUMENTOS DE CORDA

 

SAÚDE E SAÚDOS!!!Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut