Skip to Content

 

   

5ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Ola de novo! Como estades? 

Ben? Seguro que sí!

Como sabedes hoxe comezamos unha semana moi, pero que moi especial, xa que o xoves celébrase "O día do libro"; se estivesemos no cole a Pescadora de Historias terianos preparado unha morea de sorpresas como fai sempre. Pero non vos preocupedes que aquí estamos nós, as profes de Infantil, para trasladarvos os seus mandados.

Encargounos seleccionar varios contos, case todos moi coñecidos por todos os nenos e nenas, pero contados de xeitos moi diferentes. Aí van:

                                                                

                                                            Conto  maleta                                            Teatro de sombras
         
                        

                     Kamishibai                                              Títeres                                          Conto cantado

 

                                                        

                                       Conto para facer ioga                                              Mesa de luz

Unha vez que os escoitedes, facémosvos as seguintes propostas:

  • Fai un debuxo do conto que máis che gustou. Xa o tes craro? Pois adiante!  Que non sabes por onde empezar? Pensa primeiro que parte do conto ou que personaxe queres debuxar e fai o debuxo o mellor que poidas; cando che pareza que remataches, mírao ben e engade as cousas que condideres que faltan ou que poden facer que o teu debuxo sexa máis bonito e, XA ESTÁ LISTO! So queda que o colorees coas túas cores favoritas.
  • Recrea a portada do teu conto preferido. Podes elixilo dos da túa casa, dos da biblio ou dos que acabas de escoitar. Para elo utiliza cousas que teñas na casa: peluches, xoguetes, alimentos, fotos... en función do que apareza na portado do conto que escolliches. Unha vez que remates, se che apetece, fai unha foto e envíalla á túa profe. Aquí che deixamos unha imaxe para que te fagas unha idea.
  • Disfrázate dalgunha personaxe dun dos teus contos favoritos con obxetos que atopes pola casa: primeiro mira ben como vai vestida, logo pensa que podes utilizar para vestirte coma ela e disfrázate. Igual que na proposta anterior, podes facer unha foto e enviarlla a túa profe.

Esperamos que o pasedes moi ben coas actividades desta semana. Un bico e unha aperta moi forte de parte das profes e da Pescadora de Historias.

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 17 de Abril.

God morgen, familias!

Tarefas que podedes facer hoxe:

- Cantar a canción de “El monstruo de los colores” en lingua de signos coa palabra prohibida: “azul”.

- Preguntar a idade de varios membros da familia e clasificalas en números pares e impares.

- Facer un debuxo abstracto.  Primeiro collemos unha folla de papel e a arrugamos e despois a estiramos e novo. Por último, coloreamos os espacios que se formaron na folla de diferentes cores.

Podemos aproveitar o fin de semana para practicar un pouco de yoga:

https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&t=69s

 

Boa finde!

3º E. Primaria. Venres 17 de abril

 Ola familias!!

 Xa é venres, e toca:

  • CCSS e EF.
  • Uns problemas de mates relacionados co reloxo.
  • Unha ficha de ortografía.
  • En Galego recordamos o alfabeto e a revista "O Papagaio" para ler o finde.

Actividades para o venres 17 de abril. 2º E.P.

Mando as tarefas para este venres. Que teñades boa fin de semana.

MÚSICA 4º PRIMARIA 16 ABRIL

OLA!!!, TEDES AQUÍ UNHA NOVA CANCIÓN PARA PRACTICAR COA FRAUTA E UNHA FICHA DOS VALORES DAS FIGURAS E DOS SILENCIOS QUE PODEDES IMPRIMIR OU FACER NA LIBRETA.

SAÚDOS

CLICKA AQUÍ PARA PRACTICAR DE REPASO O HIMNO DA ALEGRÍA

música 3º primaria 16 abril

OLA!!!, TEDES AQUÍ UNHA NOVA CANCIÓN PARA PRÁCTICAR COA FRAUTA E UNHA FICHA DOS VALORES DAS FIGURAS E DOS SILENCIOS QUE PODEDES IMPRIMIR OU FACER NA LIBRETA.

SAÚDOS

FAI CLICK AQUÍ PARA VER A DIXITACIÓN DA FRAUTA DE PICO (POSICIÓNS DOS DEDOS)

FAI CLICK AQUÍ PARA VER E ESCOITAR E DESPOIS INTERPRETAR "A LA CLAIRE FONTAIN"

 

SAÚDOS

TAREFA CC. SOCIAIS 3º PRIMARIA , XOVES 16 DE ABRIL

Bo día a todos e todas, imos comezar un tema novo en sociais (xa que todos e todas tedes este libro de texto na casa), o tema 5, que nos fala do paso do tempo (dende a prehistoria ate os nosos días). Adxunto unhas capturas de pantalla das páxinas que ides ler e das actividades que ides facer, que son: As tres preguntas sobre o texto das profesións da páxina 84, e a 1, 2 e 3 da páxina 87, na que teredes, entre outras cousas, que facer unha árbore xenealóxica da vosa familia ate chegar aos avós e avoas, se algún quere e na casa sábenlle decir, pode completala cos bisavós e bisavoas, tataravós e tataravoas etc....

VÍDEO ÁRBORE XENEALÓXICO

 

SAÚDOS!!!!!!

1º Educación Primaria. Tarefa Xoves 16 de Abril.

Buogiorno, familias!

Retos para o día de hoxe:

- Cantar a canción de “Para dormir a un elefante” en lingua de signos coa palabra prohibida: “dormir”.

- Saltar a corda e contar o número de chimpos que son capaces de dar sen tropezarse.

- Facer un debuxo da palma da man repasando o contorno da mesma cun lapis e despois escribir o nome de cada un dos dedos.

 

Reto extra para os que teñen irmáns pequenos: tedes que axudarlles e servirlles de bo exemplo para que se porten ben.

Unha aperta!

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 15 DE ABRIL DE 2020

Etsa quincena tedes as seguintes actividades:

Actividades para o xoves 16 de abril. 2º E.P.

Mando as tarefas para este xoves 16 de abril. Coma sempre, os que teñades os libros de Matemáticas e L.Castelá podedes facer as tarefas neles.

Distribuir contido


by Dr. Radut