Skip to Content

 

   

música 1º primaria

Bo día a todos e todas, velaquí vos deixo un vídeo sobre os instrumentos musicais. Despois de velo un par de veces podedes facer un dibuxo no que aparezan:

- un instrumento de percusión

- un instrumento de vento

- un  instrumento de corda

fai click para ver o vídeo

saúde e ánimo que queda pouco!!!Guay

música 2º primaria, semana do 20 abril

Bo día a todos e todas, velaquí vos deixo un vídeo para que practiquedes un ritmo binario con CORCHEAS, NEGRAS E BRANCAS. Trátase dunha melodía moi coñecida do compositor Noruegués EDUARD GRIEG,  e forma parte da súa máis famosa obra: A SUITE "PEER GYNT"

CLIK AQUÍ PARA VER O VÍDEO

SAÚDE E ÁNIMO PEQUES!!!Guay

1º Educación Primaria. Tarefa Mércores 22 de abril.

Bos días, familias!

Hoxe vouvos propoñer os seguintes retos:

- Cantar a canción de “Los días de la semana” en lingua de signos coa palabra prohibida: “domingo”.

- Gravar un vídeo recitando un poema.

- Buscar información (en internet, preguntando na casa...) sobre como se chaman as crías dos seguintes animais: galiña, vaca, ovella e porca. Despois pensa cal é o único animal ovíparo deles.

Moito ánimo!

3º E. Primaria. Mércores 22 de abril

Ola familias!!

Traballo para hoxe:

  • Empezade por algo de CCSS e inglés.
  • As contas da semana, non as esquezades.
  • Relixión e E.Valores.
  • Castelá imos rematar e revisar esa carta.
  • Galego información que nos da o dicionario.

1º Educación Primaria. Tarefa Martes 21 de abril.

Dober dan, familias!

Hoxe vouvos propoñer o seguinte:

- Cantar a canción de “Un barquito chiquitito” en lingua de signos coa palabra prohibida: “chiquitito”.

- Facer unha portada alternativa dun conto coñecido. Debe levar o título con letras bonitas e un debuxo sobre a trama do conto elixido.

- Medir a pata dunha cadeira de casa (primeiro farémolo coas palmas das mans e despois cunha regra ou metro en centímetros).

 

Déixovos un conto lido: http://www.kalandraka.tv/gl/video/pacochuvia

Ánimo

Actividades 21-04-2020. 2º E.P.

Bos días, familias mando as tarefas deste martes 21 de abril e un enlace para a canción da táboa do 4. Que teñades un bo día!

 

https://www.youtube.com/watch?v=HYO90auVgjo

 

3º E. Primaria. Martes 21 de abril

Ola Familias!!

Os martes toca:

  • Algunha actividade de inglés.
  • Mates, un par de exercicios para controlar mellor o reloxo.
  • Castelá, ides escribir unha carta.
  • Galego unha ficha fácil.
  • Rematade facendo un pouco de actividade física!!

PROPOSTAS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Bo día familias!!

Deixamos un documento para que lle botedes unha ollada, se queredes e un xogo de pasapalabra para gozar en familia.

Se tedes algunha dúbida ou consulta, temos un correo electrónico común do Departamento de Orientación: Departamentodeorientacion@ceipesteiro.onmicrosoft.com

 

Un saúdo.

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN CATÓLICA 20-24 DE ABRIL 2020

Esta semana tedes unha nova tanda de actividades opcionais.

Ánimo que xa falta menos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut